A esquerda galega busca "frear" a tríada da dereita estatal, pero farao con novas fórmulas electorais

As organizacións que formaron parte da confluencia En Marea nos comicios de 2015 e 2016 -Anova, EU e Podemos-, así como o propio partido instrumental, xa dan por feito que se presentarán ás xerais por separado. O BNG ve estas novas eleccións como unha "oportunidade" para Galicia e o PSOE chama a votar para facer fronte a PP, C's e Vox

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/02/2019 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O anuncio da convocatoria de eleccións xerais para o vindeiro 28 de abril dá paso a un escenario político incerto. Nun contexto no que a dereita española pode gañar moito espazo, as forzas galegas de esquerda centran os esforzos en "frear" o avance da "deriva autoritaria", concepto co que Anova se referiu ás tendencias de PP, C's e Vox. Iníciase entón un tempo de diálogo entre partidos para estudar posibles concorrencias, con probables cambios respecto da fórmula electoral empregada en 2015 e 2016: mentres En Marea anunciou que se presentará ás eleccións como "formación propia", Anova non citou esta forza ao avanzar que inicia conversas con Esquerda Unidos e Podemos.

Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos). EUROPA PRESS - Arquivo
Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos). EUROPA PRESS - Arquivo

A desobediencia de catro dos cinco deputados de En Marea no Congreso durante a votación dos PGE abriu unha nova fenda no partido e impulsou a decisión de presentarse como "formación propia", segundo confirmou Luís Villares. Hoxe mesmo darán inicio ao proceso de primarias do que resultará o candidato final e o líder de En Marea convidou a que "compañeiros e compañeiras", aínda que sexan militantes "doutras forzas políticas", "participen activamente neste proceso e na conformación de candidaturas.

Se ben o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro apostaba por deixar a un lado "as disputas políticas internas" e conformar unha candidatura "forte e unida" de cara ao 28 de abril, semella que esa idea non seguirá adiante. A fío diso, hai uns días, o portavoz de Anova, defendía que a fórmula é "secundaria", pero pedía "sumar o máximo posible" para "frear a ultradereita". 

Así, esta organización -Anova- vén de anunciar que iniciará procesos de diálogo con Esquerda Unida e Podemos Galicia, pero non cita en ningún momento posibles conversas co partido instrumental, En Marea. A formación pide reforzar o proxecto de "Unidade Popular" en Galicia como forma de facer fronte ao bloque "reaccionario" que compoñerían o PP, Ciudadanos e Vox. 

Aseguran que as eleccións de abril non serán uns comicios calquera, pois deles sairá unha "solución democrática ou autoritaria", así que pretenden "activar, política e socialmente", unha "maoría cidadá" que "derrote" as tendencias "ultraconservadoras" da tríada da dereita.

UNHA "OPORTUNIDADE" PARA QUE GALICIA TEÑA "VOZ PROPIA"

Pola súa parte, o Bloque Nacionalista Galego xa lanzou a súa comisión electoral, na que Rubén Cela se ocupará da coordinación política de campaña. O discurso que manteñen dende o BNG é o de considerar o 28 de abril como unha "oportunidade" para "devolverlle a Galicia a voz propia" no Congreso. 

Ana Pontón, portavoz nacional, criticou o facer político doutras forzas galegas e asegurou que vale máis un dos seus deputados en Madrid ca os 23 "subordinados" de PP, PSOE e En Marea.

PSOE

Tamén representantes do PSdG falaron de facer fronte aos partidos da dereita española. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, insistiu na necesidade de chamar a xente a votar nun momento no que "PP, C's e Vox decidiron converter a política nun campo bélico"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

1 Xurxo Quian

Martiño Noriega entregou ANOVA aos podemitas para seguir co mando en Compostela. Triste.

1 Anovo podemita

Xa me dirás que ten Botello de podemita, se é coñecido por ser un lamecxx de Martiño, ao igual que David Domenech 😂😂😂 Podemos non existe en Santiago, como na maioría de Galicia.

2 lóstrego

O do Martiño e os anovados é o que ven sendo unha fuxida cara adiante, ou ben deben favores económicos a Pablemos. Outra cousa non mo explico.