Por E.P. | LUGO | 28/02/2019 | Actualizada ás 15:52
A colisión dun camión e un turismo rexistrada na mañá deste xoves no termo municipal de Begonte (Lugo) saldouse cun home falecido, mentres que a outra persoa implicada no sinistro foi dada de alta no lugar dos feitos polo equipo médico.
Fontes da Garda Civil de Lugo informaron de que o sinistro tivo lugar sobre as 12,55 horas deste xoves no quilómetro 10 da estrada LU-541, que une Rábade e Vilalba, ao seu paso por Begonte.
A vítima mortal, que viaxaba no turismo sinistrado, é un home de 58 anos de idade con iniciais J.O.S. Pola súa banda, a outra persoa implicada no accidente pediu a alta voluntaria no lugar do sinistro, segundo confirmaron fontes do 061.
O 112 mobilizou, ademais do 061, aos Bombeiros de Vilalba por unha persoa atrapada, así como a Policía Local e Protección Civil, ademais da a Garda Civil de Tráfico. Ata o lugar foi desprazada unha ambulancia asistencial e equipo sanitario de Atención Primaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.