Por Galicia Confidencial | | 05/03/2019 | Actualizada ás 18:48
O escritor Manuel Rivas recollerá a finais de maio o Premio Internazionale de Scritture in Lingua Madre de Ostana 2019. Este premio, que vai pola undécima edición, está organizado pola comuna-concello de Ostana, no Val de Po (Italia), e a Asociación Cultural Chambra d'Óc.
O Premio Ostana naceu no ano 2008 coa intención de poñer en valor aos creadores que escriben as súas obras na “lingua materna”, linguas de pequenos territorios e minoritarias no mundo.
O premio asignase cada ano a autores de todo o mundo segundo diversas categorías como o Premio internacional, Premio nacional, Premio para a lingua occitana, Premio novo, Premio especial, Premio para a tradución, Premio á composición musical ou Premio ao cinema.
Para o Premio internacional e Premio nacional son seleccionados autores que utilizasen nas súas obras, en toda ou en parte, unha das linguas minoritarie recoñecidas no ámbito nacional e internacional.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.