A USC busca ser pioneira no eido da nanotecnoloxía

Ao seu abeiro nace Aemat, un grupo de 120 investigadores que procuran chegar a constituír un instituto estable con experimentación en campos como a rexeneración de tecidos e enerxías limpas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2019 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

O grupo de investigación de novos materiais Aemat foi presentado este mércores na Universidade de Santiago de Compostela (USC). O obxectivo é procurar avances en campos como a nanotecnoloxía, tras a acreditación por parte da Consellería de Educación como agrupación estratéxica.

Aemat é unha das catro novas estruturas supragrupales recoñecidas pola Xunta na convocatoria de 2018, tras presentarse oito entidades. Está conformada por 120 investigadores de 11 grupos de diferentes ámbitos que abarcan os biomateriais (como creación de tecidos con impresión 3D), os dispositivos ópticos e a simulación computacional de materiais.

Os equipos agrupados en Aemat suman o rexistro de 25 patentes nos últimos anos, a constitución de varias 'spin-off', así como a captación anual duns dous millóns de euros en recusos públicos e privados. No seu plan de traballo atópase a captación de talento, achegar os novos materiais "ao gran público", xunto á colaboración coa industria. Así, estes equipos traballaron con empresas como Televés, Finsa, Ferroatlántica, Endesa e Sargadelos.

Na presentación, a conselleira de Educación, Carmen Pomar, felicitou esta iniciativa baseada nos novos materiais, "un dos alicerces da actual revolución industrial" cos que abordar "retos globais como a transición enerxética, a diminución do impacto ambiental e a innovación".

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dixo estar "orgulloso" do potencial investigador da USC, á que definiu como "a Citroën" da capital de Galicia, á vez que apelou ao papel que a universidade debe xogar na "reindustrialización" da cidade.

"XERME" DUN INSTITUTO ESTABLE

Neste proxecto sobresae o perfil de excelencia dos seus investigadores, con "dous líderes destacados", en palabras do reitor da USC, Antonio López. Referíase aos profesores de "prestixio internacional" José Rivas Rey e Arturo López Quintela.

No acto, o profesor Rivas Rey remarcou que se busca que Aemat sexa "xerme" dun futuro instituto "estable" no campo de novos materiais. Tamén deixou claro que este proxecto sae dun "esforzo colectivo de varias décadas", á vez que fixo fincapé na importancia do I+D+i nun "punto de inflexión" dos avances de nanotecnoloxía.

Nace Aemat na USC, un grupo con 120 investigadores de materiais en procura de avances en nanotecnoloxía. XUNTA
Nace Aemat na USC, un grupo con 120 investigadores de materiais en procura de avances en nanotecnoloxía. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta