Estrean en Ourense a obra de teatro inclusiva "Mariana" para persoas con diversidade auditiva, visual e intelectual

O director da obra explicou que se trata "de marcar unha amplitude de miras nunha mirada contemporánea a un gran fito da nosa historia e a un personaxe que, desde logo, vai falar por si só".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2019 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

A compañía de teatro Palmyra estrea este venres no Auditorio de Ourense, a partir das 20,30 horas, e con entrada libre ata completar aforamento, a súa obra de teatro 'Mariana', obra de teatro inclusiva para persoas con diversidade auditiva, visual e intelectual, orixinal de José Ramón Fernández e dirixida por David Ojea. Nesta representación, a actriz ourensá Lucía Álvarez métese na pel de Mariana Pineda, a muller que se enfrontou ao rei Fernando VII. "Creo que vai haber un antes e un despois para min ao acabar esta función", declarou a actriz durante a presentación da obra.

A actriz mostrouse emocionada de estar en Ourense e quixo recalcar a importancia de volver a casa. "Creo que temos que facilitar á xente que non vive nas grandes urbes o acceso á cultura porque sen cultura sobrevivimos, pero non vivimos", reivindicou.

O director da obra, David Ojeda, explicou que "con esta estrea tratarse de marcar unha amplitude de miras nunha mirada contemporánea a un gran fito da nosa historia e a un personaxe que, desde logo, vai falar por si só". A obra enmárcase dentro do programa de actividades organizado polo Concello de Ourense para celebrar o Día Internacional das Mulleres.

Ao fío diso, o seu director explicou que "se trata dunha historia que ten un momento no presente, o de escoitar as voces que teñen que seguirse escoitando como son a da muller, a diversidade e a cultura". Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, tamén se referiu a a necesidade de seguir avanzando na procura de igualdade e de oportunidades. O espectáculo afronta así mesmo outro reto como é o de dar cabida ás persoas con discapacidade no teatro.

Marcos Pereira interpreta en escena a tres personaxes presenciais que non din ningunha palabra nin escoitan as súplicas da protagonista. "O feito de contar cun actor xordo como eu para interpretar a personaxes que en ningún momento escoitan dálle aínda máis poder ao texto e aos personaxes que eu interpreto", subliñou Marcos Pereira.

Durante a presentación reivindicouse dun modo especial a importancia do papel inclusivo das artes e, concretamente, no teatro. "O feito de facer teatro accesible é abrir unha porta a un público que ten os mesmos dereitos e debe ter as mesmas oportunidades que os demais de acceder a este tipo de representacións e gozar con elas", reivindicou Marcos Pereira.

OURENSE OBRA DE TEATRO
OURENSE OBRA DE TEATRO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta