Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2019 | Actualizada ás 14:49
O corpo sen vida dunha muller foi localizado este mediodía nunha cala na praia de Doniños en Ferrol. Foi atopado por un bombeiro fóra de servizo nunha zona rochosa que se sitúa ao final do areal, detrás da zona coñecida como Penencia.
Tras ver o corpo, informou os compañeiros e ao 112 Galicia para proceder ao rescate, xa que o cadáver se atopaba nunha zona de difícil acceso.
Pasadas as doce e media do mediodía o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia recibiu a chamada e avisou a Salvamento Marítimo e á Policía Local e Nacional, para identificar á persoa falecida e tratar de aclarar as circunstancias do suceso. Tamén foron informados os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias.
O corpo, segundo precisaron fontes da Policía Local e Bombeiros, foi arrastrado polo mar cara á zona de rochas e fíxose visible coa baixamar.
Nas pertinentes probas e na autopsia que se practiquen comprobarase se o corpo se correponden coa muller de 60 anos desaparecida nos cantís de Penencia no mes de marzo, aínda que de momento non se pode confirmar a identidade e mantéñense abertas todas as hipóteses.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.