O CIS dálle a vitoria ao PSOE en Galicia coa entrada de Vox e C's e ningunha representación a En Marea e BNG

Unidas Podemos sacaría dous escanos e o PP baixaría a 8. A nivel estatal gañaría tamén o PSOE que podería gobernar coas apoios de nacionalistas e podemitas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2019 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

A macroenquisa a do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) para as eleccións xerais do próximo 28 de abril dá a vitoria do Partido Socialista en Galicia, onde obtería entre 9-10 escanos, por diante do Partido Popular, que quedaría con 8-9 deputados galegos no Congreso, nuns comicios onde por primeira vez Ciudadanos e Vox terían representación de Galicia en Madrid, con dous ou un deputados, respectivamente.

Os datos do CIS reflicten En Marea perdería a súa representación, mentres que Unidas Podemos conseguiría dous dos 23 escanos galegos. Ademais, no estudo do Centro de Investigacións Sociolóxicas non aparece ningunha referencia ao Bloque Nacionalista Galego (BNG), que nas últimas xerais non logrou ningún deputado. Unha situación que implicaría que o nacionalismo galego quedaría sen voz en Madrid por primeira vez en moito tempo.

Así as cousas, o PP perdería entre tres e catro escanos galegos no Congreso, baixando de 12 a 8-9 representantes, os mesmos que podería chegar a gañar o PSOE, pasando de seis a 9-10. Pola súa banda, Podemos-En Marea-Anova-EU tamén obterían menos deputados presentándose por separado, xa que En Común-Unidas Podemos quedaría con dous escanos, mentres que En Marea non conseguiría entrar na Cámara Baixa, e xuntos en 2016 gañaran cinco deputados.

PROVINCIAS

Por provincias, A Coruña daría 2-3 deputados tanto a socialistas como a populares, mentres que repartiría un escano a Ciudadanos, outro a En Común-Unidas Podemos e o único deputado galego de Vox, que irrompería por primeira vez no Congreso.

Pontevedra repartiría tres deputados ao PSOE, dous ao PP, un a Podemos e outro a Cidadáns. Pola súa banda, en Lugo e Ourense os dous grandes partidos obterían dous representantes cada un.

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, en Córdoba
O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, en Córdoba

ESTATAL

A nivel nacional, o estudo, baseado en 16.800 entrevistas, dá a vitoria ao PSOE cun 30,2% e entre 123 e 138 escanos, seguido do PP co 17,2% e entre 66 e 76 escanos. Iso si, ningún bloque está preto da maioría absoluta. Ademais, outorga a Ciudadaos un 13,6% e entre 42 e 51 escanos, a Unidas Podemos un 12,9% e entre 33 e 41 escanos, e ao final Vox cun 11,9% e entre 29 e 37 escanos.

Segundo a enquisa, a candidatura de Pedro Sánchez podería alcanzar a maioría absoluta do Congreso con Unidas Podemos, que saca un 12,3% e entre 28 e 34 escanos, máis a súa confluencia catalá, En Comú, á que se outorga un 0,6% e entre 5 e 7 escanos. E mesmo tamén con Ciudadanos, formación para a que se estima un 13,6% de voto e entre 42 e 51 escanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

6 Desfeita

Se iso pasar, sería una má noticia, o triunfo de consignas baleiras como a Unidade de España ou a Unidade Popular (o mesmo daría falar da Santísima Trindade) sobre a razón e os intereses xerais. Certo que tamén hai responsabilidade dos partidos galegos por competir entre eles como galos no galiñeiro sen teren en conta as limitacións da lei electoral, pero o adianto das eleccións tampouco axudou. Agora están todos pendentes de canto apañan do esfarelamento da esquerda. Por contra, despois das municipais saberíase o apoio de cadaquén e poderíanse tecer alianzas realistas cara as xerais.

5 Sentidiño

As táboas non inclúen o bng, porque non tivo representación nas dúas convocatorias pasadas; e confunden En Marea 2016 con En Común 2019. Isto afecta tamén ao recordo de voto, que é o factor de corrección (de "cociña") principal. As enquisas menos malas (boas non as hai) hanse coñecer do 15 en adiante.

4 Frecha

Era visto que a competición entre BNG e BNG-vis (vis con v de Villares) polo mesmo espazo autonomista, esencialista e covarde que non incomoda ao poder establecido, ten como resultado este 0-0. Non me alegro, pero estalles moi ben tanto a villaristas coma a pontonistas por conspirar, uns desde dentro e outros desde fóra, por destruír o espazo de unidade popular en Galiza.

3 adiante

Deixemonos de tonterias e concentrmos o voto no BNG a única forza organizada capaz de devolverlle a voz a Galiza en Madirid. Ou lle damos o voto a Galiza ou vlle damos o voto a Madrid, alá a conciencia de cada quen.....

1 Bendito Chiringuito

Claro, claro, como diría Castelao/Argonauta, as ovellas deben ir felices ao matadoiro. Se non hai posibilidade ningunha por separado de acadar un só deputado de obediencia galega, por que segues enganando inocentes? Para inflar o negocio do BNG? O incómodo é saír da zona de confort: plantarlle cara aos líderes do BNG e aos dirixentes da Marea, afearlles que sen unidade non hai deputados, e que deben desaparecer da política galega os responsables deste fracaso histórico (desde os 90 Galiza sempre tivo deputados en Madrid, por máis que na última lexislatura foran travestidos). Acontece que un millón institucional por ano de En Marea e outro tando que trincan no BNG da para alimentar barrigas agradecidas do partido e comentaristas a soldo do aparato, fai que os que deberán ser críticos pasen a parásitos do sistema clientelar do BNG e de En Marea. O 29A seguiredes aplaudindo a Pontón e a Villares?

2 Gaya

BNG=Galiza, Galiza=BNG. Identificación Nación/Partido. Ese é o mantra identitario, idealista e reaccionario dun espazo político que se di "de esquerdas".

2 Xan d

Normal, os galegos non somos parvos. Podemos é un galiñeiro, e o BNG unha sucursal de Bildu-ETA, responsable da morte, mutilación e feridas a centos de galegos.

1 Castelao

Claro claro, os galegos somos "listismos" porque os nosos intereses económmicos, a nosa lingua e cultura e a nosa história repousa sobre cabezas ben asentadas como a súa. Sen dúbida que nos gobernen desde Madrid pode ser a mellor saída ante a posibilidade de que os especímenes como vostede sexan maioría, o cal pode ser bastante certo.