Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2019 | Actualizada ás 13:23
A macroenquisa a do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) para as eleccións xerais do próximo 28 de abril dá a vitoria do Partido Socialista en Galicia, onde obtería entre 9-10 escanos, por diante do Partido Popular, que quedaría con 8-9 deputados galegos no Congreso, nuns comicios onde por primeira vez Ciudadanos e Vox terían representación de Galicia en Madrid, con dous ou un deputados, respectivamente.
Os datos do CIS reflicten En Marea perdería a súa representación, mentres que Unidas Podemos conseguiría dous dos 23 escanos galegos. Ademais, no estudo do Centro de Investigacións Sociolóxicas non aparece ningunha referencia ao Bloque Nacionalista Galego (BNG), que nas últimas xerais non logrou ningún deputado. Unha situación que implicaría que o nacionalismo galego quedaría sen voz en Madrid por primeira vez en moito tempo.
Así as cousas, o PP perdería entre tres e catro escanos galegos no Congreso, baixando de 12 a 8-9 representantes, os mesmos que podería chegar a gañar o PSOE, pasando de seis a 9-10. Pola súa banda, Podemos-En Marea-Anova-EU tamén obterían menos deputados presentándose por separado, xa que En Común-Unidas Podemos quedaría con dous escanos, mentres que En Marea non conseguiría entrar na Cámara Baixa, e xuntos en 2016 gañaran cinco deputados.
PROVINCIAS
Por provincias, A Coruña daría 2-3 deputados tanto a socialistas como a populares, mentres que repartiría un escano a Ciudadanos, outro a En Común-Unidas Podemos e o único deputado galego de Vox, que irrompería por primeira vez no Congreso.
Pontevedra repartiría tres deputados ao PSOE, dous ao PP, un a Podemos e outro a Cidadáns. Pola súa banda, en Lugo e Ourense os dous grandes partidos obterían dous representantes cada un.
ESTATAL
A nivel nacional, o estudo, baseado en 16.800 entrevistas, dá a vitoria ao PSOE cun 30,2% e entre 123 e 138 escanos, seguido do PP co 17,2% e entre 66 e 76 escanos. Iso si, ningún bloque está preto da maioría absoluta. Ademais, outorga a Ciudadaos un 13,6% e entre 42 e 51 escanos, a Unidas Podemos un 12,9% e entre 33 e 41 escanos, e ao final Vox cun 11,9% e entre 29 e 37 escanos.
Segundo a enquisa, a candidatura de Pedro Sánchez podería alcanzar a maioría absoluta do Congreso con Unidas Podemos, que saca un 12,3% e entre 28 e 34 escanos, máis a súa confluencia catalá, En Comú, á que se outorga un 0,6% e entre 5 e 7 escanos. E mesmo tamén con Ciudadanos, formación para a que se estima un 13,6% de voto e entre 42 e 51 escanos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.