Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/04/2019 | Actualizada ás 16:01
Traballadores do sector industrial convocados por CC.OO. protestaron este xoves ante a Delegación do Goberno da Coruña contra o "retroceso industrial" e en demanda dun pacto de Estado pola Industria que de estabilidade a este sector.
Durante a concentración, os manifestantes, ente os que se atopaban traballadores de Alcoa, Isowat e a central térmica de Meirama, lanzaron petardos e acenderon bengalas mentres coreaban consignas en defensa da industria. "Industria solución" ou "sen industria non hai futuro", foron algúns dos cánticos que berraban os participantes, quen durante uns minutos cortaron o tráfico en dirección ao centro da cidade.
"Necesitamos que este país reforce o tecido industrial, e para iso necesitamos un pacto de Estado pola Industria", dixo o secretario xeral de Industrial a nivel estatal, Agustín Martín, que opina que a política industrial "ten que ser unha política de longo percorrido" e rexeita que se fagan plans industriais "cada catro anos".
Martín situou en segundo lugar a necesidade de que España dispoña dun "pacto pola Enerxía que permita á cidadanía acceder a unha enerxía barata". E en terceiro lugar, instou a dotar ao país dun "pacto pola Educación".
"QUE NON QUEDE EN PROMESAS"
Sobre a protesta, o secretario xeral de Industria de CC.OO. de Galicia, Víctor Ledo, manifestou que o seu obxectivo é reclamar que "se aplique un pacto de Estado pola industria e que se aproba unha nova lei de industria que garanta o desenvolvemento industrial".
O dirixente sindical, "aproveitando" o arranque da campaña electoral, esixiu aos partidos políticos que inclúan nos seus programas "unha situación xusta" en relación á industria. "É fundamental que non quede en promesas e que estea recollido nos programas", engade.
Tras denunciar o "retroceso industrial" en Galicia, máis "duro" na provincia da Coruña, coa problemática de empresas como Alcoa, Isowat ou a central térmica de Meirama, pediu unha "solución" para todas estas industrias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.