PARTICIPA | A quen votarás nas eleccións municipais en Vigo?

GC pregunta aos cidadáns da maior cidade de Galicia se repetirán o voto das pasadas eleccións xerais e a cal das once candidaturas que se presentan darán o seu apoio.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/05/2019 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

Vigo semella que será o gran fortín do socialismo galego nas vindeiras eleccións municipais. Abel Caballero non só revalidaría a súa maioría absoluta, senón que a fortalecería, segundo as últimas enquisas, cunha esmagadora vitoria que faría da cidade olívica un dos grandes feudos do PSOE en España.

Concello de Vigo
Concello de Vigo

Segundo un estudo de Infortécnica encargado por Radio Vigo, o PSOE podería conseguir até 18 concelleiros, un máis que nos comicios de 2015. A mesma enquisa dá unha baixada aos outros dos partidos que actualmente teñen representantes no consistorio vigués: PP e Marea de Vigo.

O Partido Popular pasaría de sete a só cinco ou seis concelleiros e Marea de Vigo podería perder un ou dous dos tres que ten actualmente.

Quen regresaría aos plenos do Concellos sería o BNG, que acadaría entre un e dous representantes. 

Esta enquisa deixa no aire unha posible entrada na corporación de Ciudadanos e VOX, aos que da entre cero e dous concelleiros.

Outra enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia concede tres representantes máis ao PSOE, que pasaría de 17 a 20, sobre un total de 27, co índice máis baixo de indecisos de todas as cidades galegas: o 14,6 %. 

Neste caso, a caída do PP sería máis notable, ao quedar con tan só catro concelleiros, tres menos que no 2015, mentres que Marea de Vigo pasaría de tres a dous e o BNG obtería unha acta. Esta enquisa non concede representación nin a Ciudadanos nin a Vox, nin a Compromiso por Galicia, partido animalista PACMA, Partido Comunista dos Traballadores de Galiza (PCTG), Escaños en Blanco e Ciudadanos de Galicia (ADCG), que tamén presentan candidaturas.

Galicia Confidencial quere coñecer a opinión dos seus usuarios con dereito a voto en Vigo, coa seguinte enquisa, na que preguntamos se repetirán o voto das pasadas eleccións xerais de abril e a cal das candidaturas que se presentan na cidade darán o seu apoio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ga nhán

Eu vou "botar" como dixo o grande mestre