Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2019 | Actualizada ás 15:37
Un surfeiro faleceu na Praia do Dique na localidade de Porto do Son, na provincia da Coruña, segundo informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia.
Ao redor da unha e media da tarde deste sábado, o 112 recibiu varias chamadas nas que se alertaba de que un surfeiro estaba a flotar na auga boca abaixo.
Ante isto, o 112 transmitiu o aviso aos servizos sanitarios de urxencia do 061, a Salvamento Marítimo --que non interveu finalmente--, a Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil.
A pesar dos esforzos realizados, o 112 precisou que o home faleceu no lugar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.