As reservas dos grupos sanguíneos 0- e A+ proseguen baixas en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2019 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

As reservas dos grupos sanguíneos Cero negativo (0-) e A positivo (A+) proseguen en nivel baixo en Galicia, mentres que as da negativo (A-) e Cero Positivo (0+) atópanse normais, segundo a información facilitada este xoves pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

En concreto, ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

Co fin de facilitar a doazón, o vindeiro luns, 24 de xuño, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Miño --Rúa Mercado--, Vimianzo --diante do Concello--, Malpica --Buño-- e Oroso --diante do centro médico en Sigüeiro--. Tamén o luns haberá unidades móbiles nas localidades luguesas da Pastoriza --Praza do Concello-- e Riotorto --á beira da igrexa--, así como na capital ourensá --Rúa do Paseo--.

Así mesmo, o luns 24 ADOS enviará unidades móbiles aos concellos pontevedreses de Vilaboa --cuartel de Figueirido--, Salceda de Caselas --Praza do Concello-- e Vigo --cale Príncipe, á beira do farol--.

Doazón de sangue
Doazón de sangue

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta