José Manuel Sande sobre a ruptura de En Marea: "Sucedeu nesta elección como puido suceder doutra forma"

O novo senador de En Marea di que tentará representar a "todo o espazo de confluencia" porque as forzas progresistas están "obrigadas a entenderse".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2019 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia nomeou este martes a Jesús Vázquez, Elena Muñoz e José Manuel Sande como representantes da Autonomía na recentemente iniciada lexislatura da Cámara Alta. Sande, ex concelleiro da Marea Atlántica na Coruña, dá así salto á política estatal co seu paso ao Senado tras unha polémica elección que supuxo o punto definitivo para a ruptura do Grupo Parlamentario de En Marea, dividido 'de facto' desde hai tempo entre próximos a Villares e críticos.

Cuestionado sobre que a súa designación supuxese a división de En Marea na Cámara galega, José Manuel Sande afirmou que esta ruptura "sucedeu nesta elección de senador como puido suceder doutra forma". "Houbo unha proposta de consenso, tentouse chegar a un acordo para que houbese un senador de todos e todas en Madrid e o resultado é este", dixo.

Nesta liña, asegurou que a súa intención é "representar a todo o espazo de confluencia", agora dividido tras as desavinzas entre a En Marea de Villares e o resto de actores do chamado espazo de unidade popular -Esquerda Unida, Anova e Podemos Galicia--.

"Representar a ese espazo e a esa sociedade é unha honra á marxe de que haxa outras circunstancias nas que se expresan diferenzas", incidiu, antes de remarcar que "as forzas progresistas están, non condenadas que é unha mala palabra, senón obrigadas a entenderse".

José Manuel Sande
José Manuel Sande

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

alguén sabe se o novo Senador pertence a algunha marca política ou é independente? Xulio Ferreiro era independente na Marea Atlántica! Jose Manuel Sande ¿de quén vén sendo? https://twitter.com/jmsande?lang=es

1 Fougeres

Disfruta do convento para o que vos queda dentro... E lembra voltar de cando en vez á esquina verde a papar marisco e montar algunha nova comandiña madrilega.