O senador José Manuel Sande avanza que o caso da Casa Cornide pode seguir os pasos do proceso de Meirás

O ex concelleiro coruñés tomou posesión da súa acta como senador, cargo para o que foi proposto polo Grupo Parlamentario de En Marea nun proceso que derivou na ruptura da ata ese momento segunda forza na Cámara galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2019 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O senador por designación autonómica José Manuel Sande avanzou que o caso da Casa Cornide, situada na Coruña e propiedade familia Franco, podería seguir os pasos do proceso de recuperación para uso público do Pazo de Meirás, tamén en mans dos herdeiros do ditador.

Sande, proposto por En Marea e que se integra no Grupo Confederal de Unidas Podemos, deslizou esta información nun almorzo mantido cos medios en Madrid este mércores no que asegurou que a Casa Cornide pode vivir unha situación similar ao caso de Meirás, no que o Estado presentou unha demanda na que aseguran que o Franco falsearon contrato de compravenda, afirmación sustentada no achado duns documentos.

Os deputados de Galicia en Común Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino xunto co senador por designación autonómica José Manuel Sande nun almorzo en Madrid. GALICIA EN COMÚN
Os deputados de Galicia en Común Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino xunto co senador por designación autonómica José Manuel Sande nun almorzo en Madrid. GALICIA EN COMÚN | Fonte: Europa Press

O ex concelleiro coruñés tomou posesión da súa acta como senador, cargo para o que foi proposto polo Grupo Parlamentario de En Marea nun proceso que derivou na ruptura da ata ese momento segunda forza na Cámara galega. Arroupado polos deputados de Galicia en Común Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, Sande apelou a "xogar un papel activo" na Cámara Alta "para vertebrar o verdadeiro cambio".

"Representamos a Galicia, a unha unidade, a un espazo de confluencia progresista de esquerdas. Durante esta lexislatura traballaremos de maneira conxunta para trasladar ás Cortes todas as demandas da cidadanía galega", afirmou Sande.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta