"A cantidade de auga era bastante grande polo que non foi posible sacala, considerando que as ondas nese momento alcanzaban unha altura de 8 metros".
A decisión chega tras a impugnación de organizacións de protección animal e ambiental sobre a autorización para sacrificar un lobo en Tirol.
Están integrados en todas as ramas militares do exército ucraíno. Defínense como inimigos da opresión. Son de varias nacionalidades: ucraínos, rusos, bielorrusos e de outros países occidentais. O seu lema é: “Pola nosa liberdade e pola túa”. Hai varios grupos anarquistas, pero a maior organización é o Comité de Resistencia. Trátase da principal coordinadora de voluntarios antifascistas e libertarios que tomaron as armas contra a invasión de Moscova. A nova crónica da corresponsal de GC na Guerra de Ucraína, Miriam González.
Unha comunidade de case cen mil persoas na popular rede social desfruta dos edificios, grandes murais e impresionantes vidreiras que se erixiron por toda a xeografía ucraína nos tempos da URSS. A súa preservación non é fácil. Os ataques de Rusia son unha ameaza para estas construcións, pero o “estigma sobre o soviético” e a corrupción tamén xogan en contra da súa supervivencia. Nova crónica de guerra da correspondente Miriam González.
Non hai moitas mulleres soldado, pero grazas as súas habilidades de combate “Nika” gañouse o seu posto nun grupo das forzas especiais de Ucraína. Participou en perigosas misións durante máis de sete meses e estivo a menos de 100 metros dos soldados rusos na fronte de batalla. Unha nova crónica de Miriam González desde a guerra de Ucraína.
A primeira vez que pisou unha zona de conflito foi no sitio de Mostar, en Bosnia, tiña 22 anos e era un soldado do exército de Alemaña. Roland loitou cos croatas primeiro e cos albanokosovares despois, viu cos seus propios ollos como acababan dúas guerras europeas e agora consegue axuda para os soldados que combaten contra Rusia. Crónica de Miriam González, reporteira galega que se atopa nestes momentos no punto máis quente do planeta.
Dous ex soldados de Colombia decidiron alistarse na Lexión Internacional de Ucraína para axudar o esforzo bélico do país e volver a “sentir a adrenalina do combate”. Crónica de Miriam González, reporteira galega que se atopa nestes momentos no punto máis quente do planeta.
Galicia Confidencial comeza unha segunda serie de reportaxes sobre a guerra de Ucraína con Miriam González, reporteira galega que se atopa nestes momentos no punto máis quente do planeta. Nesta nova crónica, Miriam relata a historia de Denís Budnikov que saíu de Mariupol en marzo de 2022 mentres o exército de Moscova desataba tormentas de mísiles sobre o seu fogar, pero o seu fillo adolescente quedou alí atrapado.
Nos últimos días especulase coa posibilidade de que o exército de Bielorrusia interveña directamente na guerra de Ucraína. Pero os centos de voluntarios bielorrusos que combaten integrados no exército ucraíno xa dixeron que serán “os primeiros en loitar” se Lukashenko envía o seu exército. Galicia Confidencial fala cun dos comandantes do batallón Kastus Kalinouski.
Un bloque de vivendas, un inmoble comercial e unha estación de bombeiros de Mikolaiv, a capital provincial que está máis preto da fronte, quedaron destruídos despois do ataque da forzas de Moscova durante a noite do 12 de outubro. Esta é a crónica de como vive o día a día unha cidade que Rusia incorporou ao seu territorio, pero que segue sendo ucraniana.
Tetyana Kaganovska é a única muller que dirixiu esta Universidade, fundada en 1804 nos tempos do Imperio Ruso. A reitora asumiu o cargo hai pouco máis dun ano e tocoulle a difícil tarefa de xestionar a institución mentres a forzas de Moscova tentaban ocupar Kharkiv. Algúns estudantes decidiron fuxir, pero Oleksandra Frodorova, de 20 anos, decidiu rematar nesta cidade o seu último curso académico.
A reporteira galega Miriam González está en zona de guerra. Trasladouse a Izium, onde investigadores ucraínos toman os territorios liberados de Kharkiv para documentar os presuntos crimes de guerra cometidos polo exército ruso. O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, informou da aparición de “dúas fosas comúns máis, con centos de persoas”, onde xa se exhumaron 447 corpos nun enterramento masivo cerca do cemiterio.
Galicia Confidencial comeza unha serie de reportaxes sobre a guerra de Ucraína. Será a través de Miriam González, reporteira galega que se atopa nestes momentos no punto máis quente do planeta.
De súpeto un seis de xaneiro os EEUU detivéronse diante da televisión para presenciar, incrédulos, unha sorte de sublevación golpista que acabou convertida nun especial de Jackass.
Activada unha petición de axuda en Internet para evitar que a extrema dereita "criminalice os legados políticos e as organizacións antifascistas".
Dende a capital arxentina, este grupo de mulleres fillas e netas de migrantes galegas chaman "á loita contra a alianza entre o patriarcado e o capitalismo que nos quere dóciles, submisas e caladas", relatan no seu manifesto.
O chanceler da República Bolivariana critica o “amarelismo” nos grandes xornais sobre a situación do seu país. “Menten e terxiversan”, asegura nesta entrevista na que lembra o seu paso, durante a infancia e adolescencia en Galicia. “Eu aínda sufro de morriña como din os galegos”, destaca.
Máis de 2,5 millóns de sirios fuxiron ao exterior desde que estalou o conflito hai tres anos. Outros 6,5 millóns tiveron que abandonar o seu fogar dentro do país.
O 12 de abril de 2002, María Cristina Iglesias, Ministra de Traballo do Goberno de Hugo Chávez, acodía temerosa á Embaixada de España en Venezuela. Suplicaba ao Embaixador Español, Manuel Viturro de la Torre, protección para ela e/ou para a súa familia, diante do golpe de estado promovido pola oposición venezolana, baixo o paraugas protector dos EEUU.
O analista internacional Laudelino Pellitero, experto en América Latina, onde ten coordenado múltiples encontros internacionais, destaca neste artigo a historia recente de Latinoamerica e os seus golpes de estado en Venezuela, Honduras, Paraguai, Curaçao, Brasil, Bolivia, Ecuador, Guatemala ou Nicaragua, entre outros.
Xulio Ríos, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional e do Observatorio da Política Chinesa, participa no encontro 'Diálogo de Alto Nivel do Partido Comunista de China con Partidos Políticos do Mundo', que ten lugar en Pequín.