Artigos de Manuel H. Iglesias

Autocomplacencia

Pois non sei que é mellor, si autocomplacerse para fuxir da realidade paupérrima que temos, ou si vivir mirando para outro lado ignorando que somos unha terra que morre devorada pola endogamia das súas propias estructuras de poder.

Compromiso por Galicia

Cando o presidente Rajoy aínda está nos medios de comunicación anunciando o gran logro da intervención da nosa economía; Cando hai uns día el afirmaba que de rescate nada de nada, e agora, diante unha sociedade un tanto desconcertada e cansada de escoitar trolas piadosas, anuncia este gran logro político, pois seica nos agasallan con 100 mil millóns de euros porque xogamos ben ao futbol e somos guapos, en Galicia, e concretamente en Ourense, presentouse unha nova formación política. Compromiso por Galicia. Nace esta nova formación coa intención achegarse á realidade social e política deste país prara trocala e mellorala pois, dende hai case catro anos, navega un tanto desnortado e vai camino de converterse nunha autonomía de de segunda ou terceira división.

O despilfarro do Gaiás

Agora que estamos no tempo dos recortes e que hai que pagar taxas por recurrir á xustiza, á sanidade pública, e, segundo parece, logo haberá que facelo por circular polas autovías sen peaxe, un grupo de amigos da Asociación Cultural Agromadas visitamos a chamada Cidade da Cultura en Compostela.

Divorcio Social

Con moita frecuencia escoitamos afirmar que, cando un dos membros dun matrimonio perde a confianza no outro, a parella está rota ou a piques de divorciarse.

Vilamor, unha historia interesante

Saturado de escoitar falar de tanta crise, de quen minte para xustificar erros e políticas regresivas, decido ir ao cine e escollo, na oferta que hai, unha peli das poucas que se fan en galego. Chámase Vilamor.

O día das letras e o galego

Os anos pasan e as follas do calendario caen case sen decatarnos. Camiñamos pola vida na percura de obxectivos que ás veces resultan inalcanzables. O día das letras empezou a súa andaina no 1963 co obxectivo de conmemorar o centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Tempos de incertidume

Levamos máis de dous anos de crise, e cada día que pasa, parece que nunca chegamos á saída do túnel. Primeiro a culpa era de Zapatero. Logo,os que confiaban en Rajoy pensaban que todo trocaría a mellor, e agora decepcionados decátanse que este non é o camiño.

Tiña razón Anasagasti

A verdade é que síntome, como moitas persas, enganado pola imaxe que tiña do noso monarca. Pois, diante moitos compañeiros, e incluso dos meus fillos, defendía que, o actual xefe de Estado, desenvolvía un papel importante como monarca.