O membro de Izquierda Unida, Sánchez Gordillo, roubou, xunto con outros sindicalistas e políticos de ideoloxía comunista, algúns supermercados en Andalucia a semana pasada. Eles cren que están lexitimados para roubar, porque segundo a sua ideoloxía, estanlle roubando a un "explotador" para entregarllo á xente necesitada. Algunhas persoas de esquerdas xustifican o roubo de Sanchez Gordillo en que en España os ladróns de luva branca saen sempre impunes, é dicir, xustifican un roubo polo feito de que hai outros roubos que non son castigados, en lugar de defender a igualdade ante a lei e o sometimento de todos aos principios xerais do dereito, como facemos os liberais, distinguen entre roubos lexítimos e non lexitimos segundo lles informa o seu dogma, ben, isto fálanos claro de cal é o tipo de principios morais dalgúns, precisamente aqueles que cren que a sua moralidade é superior á dos demais.