Quen non utilizou algunha vez isto dos DAFOs? Xa sabedes, a análise estratéxica a partir dos catro eixos: Debilidades, Ameazas, Fortalezas, Oportunidades. Coido que non sería mala idea aplicalo á candidatura de En Marea.
Tralos negativos resultados acadados por En Marea nas pasadas eleccións xerais, a busca do candidato/a á presidencia da Xunta semella ser un obxectivo por fin urxente.
O pasado 28 de febreiro, a deputada autonómica Ana Pontón foi elixida voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego e candidata á presidencia da Xunta nas eleccións, inda por convocar, de outubro. Ten fronte a ela o enorme desafío de darlle a volta ao que semella imparable devalo do BNG.
Mentres a oposición esixe deter a invasión do eucalipto no rural galego, o Partido Popular defende a súa plantación masiva alegando que é “fonte de riqueza”.
A formación da candidatura de En Marea nas últimas eleccións ao Parlamento español supuxo un estímulo ilusionante para moitos galegos que viron na candidatura de confluencia unha ocasión para acadar grupo parlamentario galego no Congreso por primeira vez na historia o que implicaba, iso se esperaba, unha ocasión excepcional para influír na política española a prol dos intereses de Galicia.
O goberno en funcións do Partido Popular prorrogou outros 60 anos a concesión a ENCE na ría de Pontevedra. A decisión ten unhas implicacións transcendentais para o desenvolvemento do rural galego.
A instalación da fábrica do Grupo ENCE en Pontevedra data de 1957 e coincide coa decisión do chamado “Patrimonio Forestal del Estado” de plantar eucaliptos no norte de España a fin de producir celulosa. Debe recordarse que ENCE –Empresa Nacional de Celulosas– constituíuse como empresa pública dentro do grupo INI e foi privatizada a partir de 1990. Tamén ha subliñarse que a sede do Grupo ENCE radícase en Madrid inda que ningunha das súas fábricas se localiza nin sequera preto da capital de España. Así mesmo semella significativo o feito de que ningún dos membros do consello de administración do Grupo sexa galego e que tres deles presenten vinculación co Partido Popular.
De entre os millóns de persoas que seguen con interese o enredo postelectoral en España, seguramente Núñez Feijoo sexa un dos que o vive en maior tensión. Compréndese ben: leva anos acumulando méritos á espera dun momento así.
Economista coruñés con ampla traxectoria no sector financeiro galego e no mundo Internet. Colaborou con medios de distinta liña entre os que cabe salientar Vieiros, a Radio Galega e Xornal de Galicia. É autor das novelas Pallarega, A trenza ou Klásicos. Mantén o blog Atrenza. @pallarego