Artigos de Emilio Martinez

Ferrol Detroit

Cursaba segundo de carreira a primeira vez que fun a Ferrol. Vai desto para trinta anos. Eran os anos da mal chamada política de reconversión industrial, os anos das folgas xerais, das manifestacións pola situación do naval en Vigo e en Ferrol. Teño daquela primeira visita gravada a imaxe da inmensa grúa pórtico que presidía ASTANO. A imaxe que tantas veces se veu nos medios de comunicación polas tantas protestas nas que foi escenario. A mal chamada, repetimos, reconversión industrial, trouxo unha estela de siglas que nomeaban plans de futuro para a comarca de Ferrolterra: a ZUR, Zona de Urxente Reindustrialización, ZID, Zona Industrial en Declive… plans con subvencións de todo tipo, incluídos os bálsamos en forma de xubilacións anticipadas para anestesiar a sociedade. Tantas veces mais preocupada no hoxe que no mañá.

E si Carolina tivera razón?

A compostelana Carolina Bescansa, responsable de Análise Política de Podemos, trouxo a polémica coa súa entrevista publicada en El País a finais de decembro. A afirmación “A xente pregúntase se poderá pagar as facturas, non qué é Galicia” coa que o xornal a titulaba non era para menos, e resaltaba, xa que a entrevistada mantíñase cauta en todo momento, na liña de quen sabe que está representando a unha organización no que case todo está por facer e na que falta posición política sobre multitude de temas. A resposta por parte do nacionalismo non se fixo agardar.

III Plan Director de Cooperación: á terceira non vai a vencida

III PLAN DIRECTOR DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO: Á TERCEIRA NON VAI A VENCIDA. A mediados de marzo o Parlamento de Galicia aprobou o III Plan Director da cooperación galega ao desenvolvemento 2014-2017, tal e como dispón a Lei Galega de Cooperación ao Desenvolvemento no seu artigo 9.2. A aprobación foi precedida polo perceptivo informe do Consello Galego de Cooperación, no cal, por primeira vez, as ONGD galegas votaron en contra.

Saraxevo e os silencios

20 anos. O pasado 6 de abril, tal e como os medios de comunicación nos recordaron con artigos e reportaxes, cumpríronse 20 anos do comezou da guerra en Bosnia-Herzergovina.

Jimmy Choo contra Manolo Blahnik

Mentres agardo pola miña compañeira paseo vendo os escaparates dalgunhas das centos de tendas do centro comercial no que estou. Paro diante dun deles, unha zapatería, pregúntome quen pode mercar a mercancía que se exhibe, o prezo dos zapatos que se mostran oscilan entre os 400 e mais de 1.000 euros, ao cambio. Tamén hai bolsos de muller, de prezos aínda mais elevados.

Non pasarán

En 1994 durante unha longa viaxe polo Reino Unido fixen parada en Liverpool. Naquela cidade houbo dúas cousas que me impresionaron: unha delas foi o museo marítimo, no que se recolle unha boa parte da historia da emigración a Estados Unidos dun xeito tan real como crú.

Tan difícil ser 200

Hai uns meses, o semario The Economist, publicación tan conservadora como rigorosa, levou á súa portada o artigo “Gendercide in India”.

A obriga de comezar a entenderse

Se hai unha constante na evolución da representación política das provincias galegas, esta é a do reparto dos 16 senadores que por elección lle corresponden á nosa comunidade.
Emilio Martinez (Ribeira, 1965). Entre os anos 1998 e o 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Na actualidade forma parte do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento como experto independente. Licenciado en Ciencias Económicas a súa carreira profesional está ligada, na súa meirande parte, a diversas administracións públicas, como a Universidade de Vigo, na que foi vicexerente de Recursos Humanos, a xerencia da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, o concello de Lugo ou a Universidade de Santiago de Compostela, na que actualmente é director de área, no ámbito, logo de exercer en distintos períodos como técnico superior de Xestión no ámbito da I+D+I ou vicexerente no campus de Lugo. Ten colaborado en distintas publicacións como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior” ou a “Revista Galega de Emprego”.