A principios de novembro, o programa proxecta o 'Día da Ciencia en Galego', con iniciativas como a elaboración dun dicionario con termos en galego de ámbitos como o xurídico ou a bioloxía. Ao longo do ano, 'Ciencia de Ida e Volta' organizará charlas, talleres, feiras ou mesmo un concurso de Youtubers Científicos entre investigadores e estudantes.
"A maior parte da Historia da Terra estivo dominada polas bacterias, que non se extinguiron aínda que aparecesen seres moito máis avanzados que elas como animais ou o ser humano, e o ser humano desaparecerá e elas seguirán estando aí, polo tanto, se imos buscando vida fóra da Terra, o máis sinxelo é que atopemos seres microscópicos, semellantes ás bacterias", reflexiona a investigadora do CSIC.
  comenta   0
As 'comunidades de maërl' están incluídas no Anexo I do Directiva Hábitat como hábitat prioritario a conservar no territorio da Unión Europea
  comenta   0
Desde que comezou a ser estudada por médicos e científicos galegos a ataxia da Costa da Morte tense avanzado no seu coñecemento. Esta enfermidade rara afecta en Galicia a 150 persoas e os estudos revelan algúns trazos característicos desta doenza. A súa orixe xenética permitiu rastrexar o seu percorrido varias xeracións atrás o que permitiu achegarse a documentos antigos onde se mencionaban síntomas coincidentes coa ataxia.
  comenta   1
Unha investigación realizada por un equipo da Facultade de Bioloxía da USC concluíu que as prostaglandinas, sustancias que producen os animais (entre eles os seres humanos), xogan un "papel crave" para promover a xeración de novas neuronas na medula espiñal dos peixes cebra.
  comenta   0
A XXIV Edición do Biecon' atenderá diversas áreas da xestión bioeconómica como son os recursos mariños, forestais e enerxías renovables.
  comenta   0
O obxectivo era, segundo recolle un comunicado emitido este mércores pola entidade que representa aos biólogos galegos, "abordar aspectos emerxentes" dos obxectivos de desenvolvemento sustentable.
  comenta   0
Os Plans Complementarios son, explica a Delegación do Goberno, "unha nova ferramenta para impulsar programas de investigación en áreas estratéxicas, cogobernados e cofinanciados entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e as comunidades autónomas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia".
  comenta   0
A traxectoria do catedrático centra a súa actividade investigadora na microbiología de organismos acuáticos e virología ambiental. López Romalde é autor de máis de 230 artigos en revistas de divulgación científica e foi partícipe en 50 proxectos de I+D a nivel estatal e europeo.
  comenta   0
En concreto, o 31,4 por cento dos pacientes que recibiron doses baixas de dexametasona sufriron empeoramento clínico durante o seu ingreso, en comparación co 16,3 por cento dos que recibiron doses altas.
  comenta   0
O ministerio de Ciencia informou de que a ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, comunicou aos premiados o fallo dos xurados e felicitounos en nome do Goberno.
  comenta   0
Os investigadores descubriron que cando inxectaban estas hormonas nas estrelas de mar os animais retraían o estómago e mesmo se mostraban menos inclinadas a alimentarse.
  comenta   0
É o prato referente do verán en todo o litoral galego mais detrás del hai unha serie de políticas destinadas, en principio, á súa conservación. Os prezos pagados en lonxa non son suficientes segundo os armadores, tendo en conta o incremento dos prezos no mercado. Outro tema son as cotas de capturas para evitar a sobrexplotación así como a degradación do litoral que poden influír na conservación dos bancos pesqueiros ou non.
  comenta   0
Guillermo Díaz e Iván Álvarez únense para poñer en valor o patrimonio dende un punto de vista turístico. O territorio do Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel centrará un pouco a súa actividade pero tamén ofrecerán os seus servizos para rutas a nivel de Galicia e da Península Ibérica.
Os patróns maiores das confrarías de percebe remarcaron a importancia de dispor destes documentos para "coñecer con datos contrastados" os "efectos prexudiciais" da actividade extractiva de sementes de mexillón en zonas sensibles de percebe.
  comenta   0
A prohibición da caza de lobos creou unha fronte común entre gandeiros, agricultores e a administración autonómica xunto con outras CCAA. Ecoloxistas, conservacionistas e organismos públicos para a preservación do medioambiente cren que a especie está en perigo e por tanto, a súa protección é unha necesidade de cara manter o equilibrio do ecosistema. A proposta tamén abriu diferenzas entre os ministerios de Agricultura e Transición Ecolóxica con posturas moi enfrontadas.
  comenta   0
A institución universitaria destaca que o proxecto e-Prot supón un significativo avance no ámbito da electrónica medioambientalmente sustentable, á que apunta a fabricación dos dispositivos do futuro.
  comenta   0
No estudo multicéntrico participaron doce hospitais de toda España, incluídos os galegos Lucus Augusti e o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
  comenta   0
A zona de Ortegal reúne características xeolóxicas únicas en toda a Península. Isto moveu a un grupo de persoas e concellos da zona para buscar unha nova vía de desenvolvemento sustentable. As antigas minas, as canteiras e sobre todo, as rochas magmáticas máis antigas de Galicia de cando aínda era magma saíndo do fondo do mar.
  comenta   0
Este descubrimento abre un abano de posibilidades en campos como a bioloxía sintética ou a biomedicina, porque se usaron reaccións catalíticas que non existen na natureza.
  comenta   0
Até agora rexistráronse 27 interaccións destes grandes cetáceos con embarcacións na costa española e portuguesa –17 en Galicia (a última, este martes)–, nuns eventos que os expertos cualifican como “insólitos” pola súa concentración espazo-temporal. O Ministerio anuncia restricións temporais á navegación para veleiros de menos de 15 metros de eslora na "zona máis crítica". Biólogos mariños piden calma aos navegantes e evitar o sensacionalismo mediático. Unha nova achega científica do galego Gonzalo Mucientes documenta por primeira vez no Atlántico Norte o ataque de dúas candorcas a unha quenlla atrapada por un palangreiro, algo tamén inédito.
  comenta   0
O investigador Miguel Mauricio Iglesias explica as primeiras conclusións do estudo científico realizado na estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ourense. Os datos indican que a auga e o lodo tratados non conteñen materiais xenéticos do SARS-CoV-2, mais si as correntes de lodos. Os investigadores continuarán o seu traballo en Vigo, Viveiro, Ribeira, Sanxenxo, Lugo e Ferrol, en colaboración con Augas de Galicia.
  comenta   1
Alfredo López, biólogo da Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA), explica nesta entrevista a situación dos varamentos en Galicia e a incerteza na que traballan desde que entrou en vigor o estado de alarma pola crise do coronavirus.
  comenta   0
Diversas iniciativas de hackers interesados na bioloxía buscan o desenvolvemento de ferramentas e solucións para combater o COVID-19, desde a análise, modelado e simulación de datos baseados ​​en datos dispoñibles publicamente sobre o virus, ata o desenvolvemento dunha vacina de dominio público.
  comenta   1
A bióloga galega Rita Seoane encabeza unha investigación que avanzou no uso das macroalgas para o siguimiento e control da contaminación no medio mariño.
  comenta   0
As contribucións de Lindahl permitiron abrir un novo campo de investigación con profundas implicacións na comprensión da bioloxía molecular básica e da aparición de enfermidades xenéticas.
  comenta   0
Biólogos do grupo Ecoloxía Azul publican un traballo científico no que evidencian que esta especie protagoniza un dos casos máis radicais de fidelidade espacial que se coñecen.
Científicos identifican unha "prevalencia significativa" do virus da hepatite E en moluscos bivalvos das rías de Ares-Betanzos e Vigo, cuxa fonte de infección poderían ser granxas porcinas próximas. Advirten de que os procesos de depuración aos que se someten os moluscos destinados ao consumo humano “non son completamente efectivos para a eliminación viral”.
  comenta   3
Dous grupos de investigadores da Universidade de Vigo colaborarán co Parque Nacional ata xaneiro de 2020 no desenvolvemento do proxecto ‘Alganat2000’.
Un novo estudo feito polos biólogos Gonzalo Mucientes e Nuno Queiroz mostra o impacto destes materiais en quenllas e marraxos no Atlántico Norte e no Pacífico Sur. Galicia é unha potencia mundial na explotación comercial destas especies.
  comenta   1
Científicos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC) atopan nematodos nunca antes identificados nestas latitudes, tras analizar exemplares de dúas especies exóticas capturados en augas galegas.
  comenta   0
Seis centros galegos colaboran neste proxecto co que rastrexarán raios cósmicos e realizarán outros experimentos biolóxicos.
  comenta   0
Un biólogo alaricano elabora un catálogo micolóxico da Reserva da Biosfera ‘Area de Allariz’ no que referencia ata 165 variedades de cogomelos.
  comenta   0