En concreto, Sumar pide na súa iniciativa, que se debaterá na Comisión de Industria da Cámara Baixa, a aprobación, o máis axiña posible, dun Plan Estratéxico que modernice a actividade da compañía, tendo en conta a crise climática á hora de definir o seu modelo de negocio e que incorpore na súa elaboración ao persoal, establecendo procedementos democráticos de participación no seu deseño.
  comenta   0
O concurso está aberto aos estudantes de centros galegos que imparten Educación primaria, Secundaria, Educación Especial, Bacharelato, Formación Profesional e ensinos de artes plásticas e deseño. Desta forma, todos eles poden presentar os seus traballos ata o próximo día 8 de novembro ás 15.00 horas.
  comenta   0
Este ribadense de 25 anos leva case tres traballando no deseño do seu coche ideal, cambiando as suspensións, os brazos, os reguladores de caída, os reguladores de converxencia, a freada, o lead, púxolle alerón, os faros, as taloneiras, o difusor, a propia cor... Hoxe coñecemos a súa historia!
  comenta   0
Mellorar o deseño dos parques e espazos ao aire libre, conseguir unha cidade con máis natureza e mellorar as relacións entre o alumnado e o profesorado foron as tres medidas achegadas polo Consello Local da Infancia nun pleno na Coruña.
Alexander Dubra, óptico-optometrista, advirte de que "estamos vendo cada vez máis estudantes miopes e, ademais, chegan a nós xa cunha miopía maior que antes", algo que se ve motivado tamén polo feito de forzar aos ollos a ver de preto durante todo o tempo, tamén nos momentos de ocio, cos móbiles e as 'tablets'.
  comenta   0
A Xunta de Galicia ten unha guía de boas prácticas para o deseño de terrazas no espazo público. Aquí tes os puntos resumidos. Xulga ti mesmo se coñeces algunha que os cumpra. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recoñece que "salvo que estean en contornas relacionadas con patrimonio", "a maioría é certo que dependen da boa vontade".
  comenta   0
Ademais da silueta dunha muller gaiteira, como imaxe principal do deseño, están incluídas no corpo desta a Virxe de Montserrat, as figuras femininas dos Xigantes e Cabezudos, gaiteiras, pandereteiras e bailadoras que protagonizan parte do programa musical das festas monfortinas. O autor é Rubén Lucas García.
Seis premios confirman o talento e a creatividade dos deseñadores galegos na escena internacional.
  comenta   0
Coa redefinición do mapa concesional, prevése unha redución do 20% nas tarifas medias e unha diminución do 30% nos tempos de viaxe para certos roteiros de autobuses de alta demanda.
  comenta   0
En concreto, trátase do Conservatorio Superior de Música da Coruña, da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña e os centros integrados de FP Imaxe e Son, Paseo das Pontes e Someso, os tres da Coruña.
  comenta   0
Miguel Calvo é profesor no centro CIFP Ferrolterra e xunto cun colega, Carlos Pérez e a colaboración de alumnos e outras persoas deseñaron e crearon unha máquina para o lavado do grelo. A máquina foi presentada no Fpinnova 2024 mostrando innovacións como reciclaxe da auga, limpeza por aire e desinfección por luz ultravioleta. Está en fase experimental e quen queira dispoñer dela pode contactar co centro CIFP Ferrolterra para probala nos seus terreos.
  comenta   0
Coñecemos as últimas coleccións de Lola Armesto, Lucía Viaño, Soraya Moure e Cristina Matos, graduadas en Deseño de moda na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
  comenta   0
Irene Bazo centrouse nesta cuestión no seu traballo do fin de grao en Deseño de producto na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo. Son productos domésticos adaptados sen recurrir a medios tecnolóxicos.
  comenta   0
"O Arde Lucus era a súa vida. El empezou hai moitísimos anos nas asociacións e á marxe do seu traballo o resto do tempo dedicábao a pensar en iniciativas para o Arde Lucus. Sempre estaba maquinando. Aínda que estaba enfermo, seguía debuxando", confesou, visiblemente emocionada, a súa viúva.
As décadas dos 80 e os 90 do século XX en Galicia viron nacer unha vaga de fanzines que foron plataformas de expresión para futuros creadores e creadoras en diversas áreas. Porén, tamén houbo fanzines (moitos) que no seu momento deron expresión á rabia e ao fastío da xente nova en lugares non urbanos ou case urbanos. Política, medioambiente, antimilitarismo, pacifismo, denuncia social e outros temas hoxe moi actuais, tiveron nestas pequenas publicacións o altofalante que lles faltaba na prensa xeralista.
  comenta   0
Máis dunha vintena de empresas vinculadas ao deseño e creación de produtos de coidado persoal, que utilizan principalmente produtos naturais de Galicia, impulsaron a creación da Asociación Cosmética Galega (ACG).
  comenta   0
José Ramón Fernández Mesa, do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, asegura que realmente hai diferenzas de asfalto entre tramos, que derivan dos tempos de crise, cando "se optou por unha solución económica pero efectiva, aínda que máis incómoda, para garantir a seguridade dos condutores" á hora de realizar a conservación das estradas. Non é cousa do seu deseño inicial.
  comenta   4
Estes despedimentos non afectaron aos traballadores de máis de 55 anos, a non ser que estes pedisen de maneira voluntaria abandonar a compañía.
  comenta   0
A nova Cátedra USC-Televés en deseño microelectrónico desenvolverase no marco do Proxecto Estratéxico de Microelectrónica e Semicondutores co propósito de "consolidarse como un alicerce fundamental" para o progreso neste campo.
  comenta   0
Esta marca de garantía certifica a calidade dos produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción.
  comenta   0
Rematou o 2023, ano no que esta coñecida marca galega cumpriu dúas décadas. Co gallo desa efeméride Galaxia publicou o libro “Antes molabamos máis”, publicación que resume a historia deste proxecto. Falamos con Pablo, unha das tres patas de Reizentolo.
  comenta   0
O pasado 30 de novembro estrenámosnos facendo un podcast en directo no que falamos con algúns dos gañadores e finalistas dos Premios Paraguas deste ano de comunicación, marketing e deseño
Trátase dunha nova titulación que "tivo unha gran acollida, cubrindo a totalidade das 45 prazas ofertadas", segundo destacou o conselleiro. Aínda que, finalmente, son 54 os alumnos que estrearon esta titulación "porque sempre hai empates" nas notas de acceso, explicou o reitor da UVigo.
  comenta   0
Alex Sampayo encárgase da dirección e da adaptación deste 'Hamelin' en galego que conta cun reparto conformado por sete intérpretes: Machi Salgado, Belén Constenla, Guillermo Carbajo, Laura Míguez, Roberto Leal, Rubén Porto e a actriz galega Vitoria Pérez. O deseño de iluminación corre a cargo de Carlos Álvarez-Ossorio e o espazo sonoro, de Fernando Epelde.
O certame ten seis categorías das que tres están especificamente dirixidas a recoñecer a persoas e empresas que contribúen de forma relevante á mellora do prestixio do deseño galego e as compañías que, ao incorporalo á súa estratexia empresarial, son exemplo de que o deseño actúa como motor de innovación, sustentabilidade e competitividade.
  comenta   0
O xurado desta edición de Allianz EGO Confidence in Fashion destacou "o papel que o discurso de COCONUTSCANKILL xogará na moda española, así como a evolución e madurez da súa proposta", que xa formou parte da canteira de deseñadores da plataforma en 2019 e 2020. Ademais, o panel de expertos destacou a tarefa de investigación detrás de cada unha das creacións da deseñadora, o vínculo coas súas orixes e a súa experimentación con outras disciplinas e produtores locais para a incorporación de novos materiais como o cristal ou a vimbia nos seus deseños.
  comenta   0
Esta iniciativa está enfocada a impulsar a actual plataforma experimental de Punta Langosteira, co desenvolvemento de novas tecnoloxías no ámbito das enerxías mariñas e o deseño de solucións innovadoras ao redor da cadea de valor do hidróxeno verde.
  comenta   0
O aspecto máis importante destes buques é que todo o seu casco e superestrutura están construídos en aluminio, polo que é un tipo de barco, tanto polo seu deseño como as súas prestacións, único na súa clase. Urania incorpora os medios máis modernos, tanto en navegación, comunicacións, como en sistemas de procura e rescate.
O curso vén marcado pola posta en marcha, no campus de Pontevedra, do grao de Deseño, unha titulación que "espertou moito interese", xa que na preinscrición había 61 solicitudes de primeira opción para 45 prazas. Finalmente foron seleccionados 52 alumnos.
A convocatoria está dirixida a todos os mozos non profesionais con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Os interesados en participar poden inscribirse nalgunha das 14 categorías que ten o certame: creación de videoxogos, novela curta, cociña, teatro, artes plásticas, fotografía, música, poesía, videocreación, cómic, arte urbana, deseño de xoias, moda e danza moderna.
  comenta   0
O Xulgado de Instrución número 3 investiga a talla de sete árbores centenarias, unha actuación que Patrimonio Natural freara en maio, durante as obras do aparcadoiro do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo (Centrade).
Chichi Campos súmase a nomes como o de Castelao, María Antonia Dans ou Camilo Díaz Baliño, que foron homenaxeados o 30 de xaneiro nunha celebración que cumpriu unha década este ano.
  comenta   0
Estes cambios responden, segundo o texto que recolle o DOG, á "necesidade de atender á formación do alumnado" dun modo "máis especializado" e atendendo ás "novas tecnoloxías" no sector.
  comenta   0
Coñecemos ‘Pedronia’, un proxecto de impresión 3D que naceu na Coruña e grazas ás horas de confinamento da pandemia. Os artífices son Jesús e Xosé Carnota, dous irmáns que compaxinan este novo oficio coas súas profesións de informático e deseñador gráfico-publicitario respectivamente.
  comenta   0
Busca o impulso de infraestruturas verdes locais para a restauración da biodiversidade, a renaturalización e o deseño de paisaxe resiliente ante o cambio climático das zonas urbanas e rurais
  comenta   0
É obra do CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira. Este xoves 9 de febreiro abriu tamén a tenda oficial para poder mercar diferentes produtos do entroido 2023.
  comenta   0