Esta xuíza, número un do PSOE por Pontevedra, destaca a necesidade de que tamén haxa maxistrados na política porque "teñen máis sentido da moderación e da equidade". Defende a Besteiro na lea que manteñen Conde-Punpido e a xuíza Pilar de Lara e aposta por pezas separadas nas grandes causas xudiciais como a Pokémon. Di que se mete na política porque a situación actual “é indignante”.