O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está completamente mediatizada" e, "se a día de hoxe un grupo de investigación plantexa un estudo sobre a influencia, por exemplo, das nubes sobre o clima, ninguén lle vai dar financiamento, porque vai en contra do dogma", tal e como xa aconteceu en Dinamarca. "Vivimos nuns tempos case inquisitoriais para a Ciencia", lamenta.
  comenta   0
O Pleno do Senado aprobou este mércores, grazas á maioría absoluta do PP, unha iniciativa do BNG para forzar ao Goberno a finalizar en 2030 a construción do saída sur de Vigo da liña de alta velocidade entre Lisboa e Galicia, así como outras melloras ferroviarias nesta comunidade.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), en colaboración coa plataforma veciñal de afectados pola A-57 nas parroquias pontevedresas de Xeve e Bora, presentou unha demanda ante a Audiencia Nacional contra a autorización das obras do segundo tramo da autovía A-57, que discorre entre A Ermida e Pilarteiros, en Pontevedra.
  comenta   0
Hoxe lembramos o tempo no que o río Sar non só anegaba o casco urbano de Padrón, senón tamén as terras da veiga do seu termo municipal e do de Rois, como aconteceu nas inundacións catastróficas dos anos 1977, 1978, 1987 e 1989. A máis grande que se recorda foi, sen dúbidas, a de 1987, cando as barcas podían cruzar navegando polas rúas do casco histórico da vila.
  comenta   0
Roberto Hermida, presidente de Morcegos de Galicia, conta ao Galicia Confidencial que "na Península Ibérica temos parques eólicos que son auténticos matadoiros de morcegos", situados en zonas de paso migratorio. Ao ano calcúlase que morren uns 600.000 morcegos a causa do impacto dos aeroxeradores, xa sexa directo ou indirecto.
  comenta   0
Galicia, con 564 puntos, colócase no nivel alto da táboa entre os 116 países analizados por EF-EPI, fronte ao nivel medio no que se sitúa España, con 538 puntos. Tamén está moi por enriba (87 puntos máis) da media mundial, de 477, segundo os datos dun estudo de Education First (EF).
  comenta   0
Complexos cálculos matemáticos e aplicación de Intelixencia Artificial para simular o fluxo de ríos, a previsión de inundacións e a xestión de recursos hídricos. Un traballo estuda dous ríos con alto risco de inundacións, o Anllóns e o río Groba, para analizar como actuar ante riscos de aumento de caudais.
  comenta   1
Un estudo italiano revela que o consumo elevado de alimentos ultraprocesados aumenta a idade biolóxica, máis aló da idade cronolóxica.
  comenta   0
O profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña (UDC) Carlos Aymerich, coautor do estudo dos custes dun hipotético rescate da AP-9 encargado polo BNG, denuncia que nesas tarifas "quizáis teña algo que ver a dedicación profesional dos mesmos políticos que as fixan cando deixan a política activa".
  comenta   2
A súa tese, titulada 'Toma de decisións compartidas como indicador de calidade no Proceso Asistencial Cancro de Mama', ten unha liña de investigación que conta con máis de trinta publicacións en revistas de primeiro nivel, céntrase en mellorar a calidade dos coidados médicos ao fomentar unha maior implicación do paciente no proceso de toma de decisións sobre o seu tratamento, destacando a importancia dunha atención médica máis humana e centrada no paciente.
  comenta   0
Galicia, no seu conxunto, encabeza o ranking nacional cun 31 % de persoas declarando ser supersticiosas, o equivalente a máis de 3 de cada 10 galegos superticiosos, segundo os datos dun recente estudo.
  comenta   0
Unha tese di que hai comunicación entre as plantas de pataca en resposta ao dano por larvas de varias couzas.
  comenta   0
O grupo de Investigación Taslacional en Enfermidades Neurológicas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) levou a cabo un estudo segundo o cal é posible utilizar unha proteína do sistema nervioso como biomarcador para diagnosticar a depresion maior, un trastorno psiquiátrico complexo no que interveñen múltiples factores psicosociais, xenéticos, epixenéticos e biolóxicos.
  comenta   0
O grupo de Inmunidade e Pequenas Moléculas do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC, en colaboración con King's College London (Reino Unido) e Technische Universitat Dresden (Alemaña), conseguiu abrir unha nova vía de estudo sobre a aparición da diabetes tipo 1, que pode derivar no descubrimento de novos fármacos para esta doenza.
Rexistrou no 2023 o peor dato do país no apartado de experiencia xeral na vida, segundo os datos do INE.
  comenta   1
Estes municipios prevén contratar a subministración de enerxía eléctrica para as dependencias, instalacións e iluminación pública mediante procedemento aberto suxeito á regulación harmonizada para un servizo de prestación obrigatoria para todos os municipios.
Despois da polémica xurdida a raíz da emisión do documental de RTVE, o Galicia Confidencial fala cun dos firmes opositores á súa conclusión de que Cristóbal Colón tiña que ser un xudeu da zona do Mediterráneo español: o escritor Rodrigo Costoya, que leva anos defendendo a teoría do Colón galego. Esta é a súa opinión.
  comenta   0
Segundo apuntou a Xunta, o Ministerio de Transición Ecolóxica decidiu en 2021 non autorizar máis vertidos de áridos no punto exterior de Sálvora, autorizado para esta actividade durante as últimas dúas décadas. Esta obra "paralizou todos os dragados do litoral galego ao sur de Muros", sinala.
  comenta   0
"Ti entras en Google.cat e tes Google en catalán e en Youtube.cat, existe o dominio. Nin un nin o outro empregan o dominio '.gal', non nos teñen en conta e penso que aí está unha das principais problemáticas", reflexiona nesta entrevista en base a un informe propio no que tenta dar resporta á pregunta 'Que problemas ten o galego para ser útil en Internet'.
  comenta   0
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Patricia Hermida, asinaron o convenio de colaboración polo que a Xunta impulsa a elaboración do primeiro Plan Estratéxico da Industria Musical de Galicia por parte deste colectivo, que agrupa 50 firmas das catro provincias.
  comenta   0
O plan recolle un taballo de inventariado da toponimia e das lendas asociadas ao lugar ou un estudo arqueolóxico da Torre da Mon, así como visitas con xeólogos.
  comenta   0
Cifra o custo do seu rescate en 904,7 millóns de euros, "moito menos" dos 4.000 millóns que calculou no seu día o PP e dos 6.000 millóns dos que fala o actual Goberno central, tal como dixo Pontón.
  comenta   0
Os representantes parlamentarios defenderon que a Autovía Ponferrada-Ourense A-76 (125 km.) é "unha actuación de gran transcendencia para a vertebración do oeste da provincia de León e a súa conexión coa Galicia interior, constituíndo un terceiro acceso de gran capacidade desde Galicia cara a Castela e León".
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego (SLG) alerta de que para que as granxas traballen con normalidade "só é necesario" que Medio Rural "confirme que o prato investido é unha medida de mitigación de emisións avalada tecnicamente e recollida pola comunidade autónoma".
  comenta   0
Un 32,3% cre que usar demasiado o teléfono móbil ou Internet prexudica á súa saúde mental e o 73% das mozas senten máis presión por ter un físico determinado.
  comenta   0
Unhas conferencias, que se realizan todos os xoves de outubro na Casa da Cultura do Concello de Verín, revisan a traxectoria deste senlleiro intelectual. O ciclo está organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Biblioteca do concello.
  comenta   0
O Concello de Santiago afea á Xunta que pida aos concellos informes "que non son necesarios" sobre "cuestións que son da súa competencia".
  comenta   1