Francisco G.L. era o responsable dun almacén pirotécnico ilegal que voou polo aire en maio de 2018 en Tui e provocou a morte dun matrimonio, así como lesións a decenas de persoas e cuantiosos danos materiais.
A sentenza condenou ao maquinista e ao exdirector de Seguridade na Circulación do ADIF a dous anos e medio de cárcere por 80 homicidios cometidos por imprudencia profesional grave. A Plataforma de Vítimas Alvia 04155 criticou este luns a decisión de Fiscalía de recorrer a sentenza polo accidente de Angrois
  comenta   2
O terceiro home citado a declarar, que presenciou a agresión pero non interveu, quedou en liberdade sen medidas.
Un dos detidos quedou onte en liberdade en sede policial, os outros dous permanecen nos calabozos e non se espera que pasen a disposición xudicial ata o xoves
O culpable fuxiu do lugar alegando que non se ía a "comer ese marrón" e negando ter relación coa morte da moza. A vítima, que deixa unha filla de pouca idade, presentaba diversos golpes. Segundo o informe preliminar da autopsia, a causa da morte serían uns traumatismos na cabeza.
O presidente da Xunta dá o pésame pola morte da muller en Baiona e de confirmarse que foi un crime machista, Rueda di: "queda moito por facer"
Segundo relata nun comunicado, os migrantes foron trasladados en condicións precarias, sen medidas de seguridade e con escaso alimento e bebida, tras pagar ao detido, que agora se enfronta a cargos por suposto homicidio imprudente e violación dos dereitos dos cidadáns estranxeiros.
O acusado, durante o xuízo celebrado en Vigo, recoñeceu os feitos, aínda que non aclarou por que matara a Benito T.S.
Isto é así tendo en conta que a xuíza, nunha dilixencia o pasado día 16 á que tivo acceso Europa Press, comunicou que o pasado martes 15 de outubro se realizou a última notificación ao ex director de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, un dos dous condenados (xunto ao maquinista).
  comenta   0
A médica forense experta en psiquiatría que elaborou, xunto a outros dous facultativos, o informe psicolóxico do home acusado de asasinar á súa parella no barrio coruñés do Birloque, en setembro de 2021 tras querer ela romper a relación, cunha convivencia previa desde xullo, ratificou que "non presenta ningún tipo de patoloxía nin grave nin moderada".
Os feitos ocorreron na estrada PO-552, cando o mozo, que se sacou o carné de conducir unha semana antes, circulaba no coche da súa nai en dirección a Vigo e, nunha recta, o vehículo desviou a súa traxectoria paulatinamente, ata chocar cunha motorista que circulaba en sentido contrario, e que tentou frear e evitar o choque sen conseguilo, falecendo no momento.
O Goberno galego ponse a disposición da familia da vítima e Besteiro traslada a "condena rotunda" do PSdeG.
  comenta   0
O profesor xubilado Benito T.S., cuxo cadáver foi localizado no seu domicilio da rúa Areal de Vigo a principios de xaneiro de 2022, morreu pola combinación de varias agresións, as máis graves un golpe que lle afundiu o cranio e un corte profundo no pescozo.
Os afectados lamentan que ese "perdón" chega "tarde" pero valoran poder "pasar páxina". A discrepancia agora atópase en se está ou non cuberta a responsabilidade civil por parte de Mapfre e se se suxeita ao límite da cantidade pactada con esta aseguradora contratada polo acusado, que era dun millón e medio de euros.
  comenta   0
O agresor, en estado de embriaguez, apuñalou ao seu veciño en medio dunha discusión. A vítima sufriu lesións graves.
  comenta   0
O home, que estaba en prisión provisional, foi posto en liberdade por orde da Audiencia Provincial, pero non poderá residir en Cangas mentres dure a instrución.
  comenta   0
"A cooperación cidadá é crucial para esclarecer o ocorrido. Se viches algo, por favor, ponte en contacto connosco a través do correo electrónico justiciaparajuanfernandez@gmail.com", indican os parentes da vítima mortal no comunicado.
O xulgado inhabilita a ambos durante catro anos e ordena ás aseguradoras que paguen 25 millóns de euros ás vítimas. Tamén ve responsabilidades en Adif por non supervisar o sistema de seguridade das vías e o sistema de freado dos trens.
O autor está detido por homicidio imprudente. Foron un grupo de mulleres as que increparon á vítima porque dicían que as estaba gravando.
Se xulgará á acusada de matar, en 2021, a un home de Cataluña ao que convidara a desprazarse á súa casa de Cortegada tras coñecelo unhas semanas antes por Internet.
  comenta   0
Aconteceu en Arteixo en outubro de 2023. Os autores están vinculados á "Mocro Maffia" e actuaron por un axuste de contas.