Unha investigación realizada en Galicia mostra como a fragmentación e degradación das máscaras cirúrxicas no medio acuático perturba a función reprodutora do peixe cebra. Unha evidencia máis que se suma ás múltiples alertas sobre a ameaza que supoñen para os ecosistemas mariños os centos de millóns de máscaras que acaban en mares e océanos, aumentando a contaminación por plásticos e microplásticos.