O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta, asistiron á inauguración, en Nogueira de Ramuín, en Ourense, do congreso internacional 'Fontes-Patrimonio Mundial: Coñecemento para conservar'.
  comenta   0
En 2014 o alemán Wilfried Stuckmann ficou pampo cando soubo que o hotel de luxo onde se aloxaba, San Marcos en León, fora un campo de concentración franquista. Sete anos despois Paradores honrou nun solemne acto ás víctimas, coa presenza mesmo do último sobrevivente, Josep Sala. Estes actos de desagravio son comúns en países civilizados europeos desde a inmediata postguerra. Empresas e multinacionais que empregaron man de obra escrava pediron perdón e encetaron un programa de indemnizacións e reparacións.
  comenta   0