Unha decena de creadores de contido galegos de distintos ámbitos sumáronse á cuarta edición da campaña #IgualdadeFollowers, que desenvolve a Xunta en colaboración coa Asociación de Xornalistas de Galicia, para sensibilizar sobre a igualdade de xénero e loitar contra a violencia de xénero nas redes sociais.
  comenta   0
O concello presenta diversas actividades para sensibilizar á cidadanía de cara á erradicación da violencia de xénero en todas as súas formas. O 25 de novembro terá lugar a lectura do manifesto contra a violencia de xénero na Praza Maior ás 12:00 h.
  comenta   0
A Comisión de Seguimento e Avaliación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero aprobou a moción do PP pola que insta o Goberno a implantar Unidades de Valoración Forense Integral (UVFI) en violencia machista en todas as provincias con persoal "suficiente e cualificado", con 18 votos a favor (PP), un en contra (Vox) e 10 abstencións (PSOE e PNV).
  comenta   0
Asegura que máis de 7.700 mulleres beneficiáronse en Galicia das axudas mensuais para vítimas de violencia de xénero desde 2006.
  comenta   0
O proxenitor ingresou en prisión por unha requisitoria e investigaráselle por supostas ameazas á súa muller
O concurso está aberto aos estudantes de centros galegos que imparten Educación primaria, Secundaria, Educación Especial, Bacharelato, Formación Profesional e ensinos de artes plásticas e deseño. Desta forma, todos eles poden presentar os seus traballos ata o próximo día 8 de novembro ás 15.00 horas.
  comenta   0
O condutor do coche que caeu ao mar en Moaña, cuxa acompañante apareceu morta, acelerou "notablemente". O subdelegado do Goberno apunta a "indicios preocupantes" e confirma que ten antecedentes por violencia de xénero.
A vítima foi trasladada con queimaduras no 35 % do seu corpo, primeiro ao hospital Álvaro Cunqueiro, e logo á Unidade de Queimados do hospital Povisa, onde permanece ingresada.
O obxectivo, segundo dixo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, é "axudar ás vítimas no control e superación das adiccións para que poidan incorporarse á vida autónoma".
Segundo informa a Europa Press o Instituto Armado, ocorreu na parroquia de Vián. Cando chegaron os efectivos, tiveron que realizar un "disparo intimidatorio" ao aire para tranquilizar ao presunto agresor.
O Ministerio do Interior ten no Sistema VioGén 95.203 casos activos de violencia de xénero ata agosto, segundo o último informe do Ministerio do Interior recollido por Europa Press. Así, trátase de 3.069 máis que hai un mes (92.134), coincidindo co verán.
  comenta   0
A Policía Local da Coruña colaborou o pasado xoves, 1 de agosto, na detención de dúas persoas; un home de 27 anos e unha muller de 47.
O xulgado de instrución número 4 de Vigo inhibiuse en favor do xulgado especializado, ao entender que podería tratarse dun caso de violencia de xénero, xa que a vítima mantería unha relación sentimental co sospeitoso.
"Galicia contará con cinco centros que estarán abertos as 24 horas do día os 365 días do ano", segundo reiterou este mércores a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García.
  comenta   0
Esta iniciativa busca ofrecer unha atención e resposta áxil ás vítimas de violencia de xénero, garantindo unha protección integral mediante a colaboración de diversos sectores implicados na loita contra esta problemática.
  comenta   0
A contía do subsidio por desemprego elévase desde os 480 euros a 570 euros mensuais durante o seis primeiros meses de percepción.
  comenta   0
E unha petición que chega logo das críticas recibidas pola oposición tras eliminar a Secretaría Xeral de Igualdade.
  comenta   0
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, comprometeu máis recursos para abordar a violencia de xénero e demandou ao Goberno central a creación de novos xulgados de violencia de xénero nas principais cidades galegas.
  comenta   0
Nun unha muller avisou de que a súa filla estaba a ser agredida polo seu noivo nunha das habitacións da súa vivenda. Noutro, produciuse unha agresión no interior dun coche por parte dun home a unha muller, cun menor tamén no vehículo.
Antonio Barba rexeitou este martes entrar a valorar a reincorporación ás filas do PP do concelleiro da Illa que fora condenado por un delito de violencia de xénero.
  comenta   0
O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, considerou como "unha nova marxinación" á cidade o anuncio da Xunta de reclamar 12 novas unidades xudiciais para toda Galicia sen incluír entre elas un xulgado específico de violencia de xénero para Lugo.
A Mesa, que leva sen convocarse desde o ano 2018, vólvese a pór en marcha "cunha nova visión, máis contido e máis traballo regular" e coa vontade de convocala, "como mínimo, semestralmente", puxo en valor a rexedora, Goretti Sanmartín.
Matías González Cañón fora cabeza de lista do PP nesta localidade pero foi apartado por unha condena de violencia machista. Ata agora estaba como non adscrito.
  comenta   0
Nun momento dado, interveu o de seis anos que tratou de evitar que continuase a agresión e auxiliar á súa nai "póndose no medio e tratando de arrebatar a navalla ao seu pai , recibindo "cortes na man dereita por parte do seu proxenitor, á vez que gritaba 'papá por favor non mates a mamá'".
  comenta   0
Polos delitos de tentativa de asasinato á súa parella, ameazas, violencia de xénero e lesións, ocasionadas tamén ao seu fillo.
  comenta   0
Case un 25% das denuncias non son das vítimas, senón de atestados policiais, partes de lesións ou o entorno das afectadas. Aumenta o número de mulleres que tras unha denuncia, non quere declarar.
  comenta   0