El País versus La Voz

El País e Vicepresidencia non pasan polas suas mellores relacións. Tampouco as que mantén a Presidencia da Xunta con La Voz de Galicia. Nos últimos meses tense polarizado o abano informativo de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/01/2007 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

Non é a primeira vez que isto acontece e, por iso, non é de extrañar que dende a saída da edición galega deste medio a finais do pasado ano, Vicepresidencia non teña aportado publicidade. Tamén hai a orde de que non haxa entrevistas neste xornal aos conselleiros do BNG se non son publicadas en galego, algo que contradice a liña editorial de El País.

En Vicepresidencia están convencidos de que o xornal do Grupo Prisa foi montado por orde do secretario de Organización do PSOE, José Blanco. Por iso, as relacións entre este departamento e o medio non pasan máis alá do puramente institucional.

Onte mesmo, tras as novas aparecidas en El País, diversos cargos orgánicos do BNG recibiron unha mensaxe nos seus teléfonos celulares: "Nota d Anton Losada sobre artigo El Pais. volve Superpiñeiro á TVG. impresentable e ataque á libertad de expresión. Losada retrogado e censor dimisión. PASAO". A pesar de revisar a páxina Web da Vicepresidencia, este medio non foi quen de atopar a noticia á que onte se refería o xornal de Madrid.

Unha situación ben diferente é a do xornal La Voz de Galicia, que mantén, nos últimos meses unha excelente relación con Vicepresidencia, diferente a que mantén co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Dende a Presidencia do Goberno galego critican que este medio se ten convertido case que nun altofalante do BNG, e, concretamente, de Quintana e de Antón Losada.

A intermediación do secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, home moi vinculado ao Grupo Voz, tampouco conseguiu mellorar as relacións entre Touriño e a dirección deste xornal,  a pesares de que a súa elección, respondeu no seu día, ao intento da Presidencia de limar as asperezas que existían entre Touriño e o medio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

23 Animais políticos - » Antón Losada, o reverso tenebroso

[...] Había insistentes rumores da súa marcha dende maio, polo menos. O secretario xeral acumulou demasiadas polémicas absurdas, como o enfrontamento con El País porque falaran mal de Superpiñeiro, a bronca con Méndez Romeu por un quítame aló ese cartel e a revolta mediática para aclarar que non maltrataba a súa criada. Os inimogos medráronlle e mesmo se dixo que presentaría a súa dimisión tras as municipais, pero vese que os malos resultados do BNG (por moito que eles digan, foron malos) non aconsellaban tal mostra de debilidade. Pero vendo o caladiño e moderado que estivo Antón durante todo o verán, semella que xa tiña a decisión tomada, antes da batalla do himno e o veto da TVG. [...]

22 O asesor inesquecible « Galpón de Breogán

[...] Nese intre, soan dúas gaitas, con forza e carácter, ábrense as portas dobres da sala e o Gran Arquitecto da Nación, Anxo Quintana, entra lucindo a súa mellor camisa vicepresidencial. Silencio e ronda de aprausos. A.Q.- Amigos, irmáns, grazas por vir. Nós, que como nacionalistas somos incompatibles coa corrupción e coa gripe común, temos hoxe que tomar unha decisión importante. Veredes, xa estou farto del, si, farto. Paseille que pelexase con El Pais, paseille que lla montase á Policía Autonómica por un quítame aló ese cartel, pero o que xa non lle vou pasar é que ande a piques con Susana López Abella a ver quen trataba peor á súa criada ¡Propoño a destitución de Antón Losada do seu cargo de Gardián da Vicepresidencia! [...]

21 Toliño

Hoxe (29) O Pais saca a Rajoy en Carballo, que aconteceu o sábado, pero qué clase de xornalismo e iso?. Recorda a cando se mandaban as crónicas en barco no século pasado. A ver si entrevistan a algúen que no sexa un posible anunciante, un médico de prestixio....un profesional anónimo...NON teñen que facer a pailanada de entrevistar os "reis magos" ; os conselleiros e os presidentes das Caixas.. para iso, e mellor os gratuitos, que non van de nada.

20 sabela

A Voz vólvese cada vez máis de dereitas ¿pero é que algunha vez deixou de selo?. Propaganda diaria de Paco Vázquez, e agora, coas municipales enriba, do sucesor de Vázquez.

19 sabela

A Voz vólvese cada vez máis de dereitas ¿pero é que algunha vez deixou de selo?. Propaganda diaria de Paco Vázquez, e agora, coas municipales enriba, do sucesor de Vázquez. NO suplemento que ven os domingos, El Semanal, ultimamente só escreban fachas como Pérez-Reverte, Prada e Carlos Herrera. Patético.Odian os do Bng, estes curuñesitos de toda la vida.