Ás voltas co incidente dos carteis

Hoxe volvernnos comentar que hay máis informacións relacionadas co incidente dos carteis na Vicepresidencia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/02/2007 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia

Por petición dos interesados retiramos certa información, aínda que confirmamos por otras fontes que na Vicepresidencia cren que existe unha campaña organizada por varios medios de comunicación coa axuda dalgúns departamentos socialistas da Xunta, principalmente o da Presidencia.

De feito, o acontecido polo cambio de carteis, tal e como xa avanzamos o outro día, fixo intervir ao propio Méndez Romeu e mesmo ao vicepresidente Quintana. Ambos os dous mantiveron unha conversa sobre este asunto que tensionou as relacións do bipartito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

34 O asesor inesquecible « Galpón de Breogán

[...] Nese intre, soan dúas gaitas, con forza e carácter, ábrense as portas dobres da sala e o Gran Arquitecto da Nación, Anxo Quintana, entra lucindo a súa mellor camisa vicepresidencial. Silencio e ronda de aprausos. A.Q.- Amigos, irmáns, grazas por vir. Nós, que como nacionalistas somos incompatibles coa corrupción e coa gripe común, temos hoxe que tomar unha decisión importante. Veredes, xa estou farto del, si, farto. Paseille que pelexase con El Pais, paseille que lla montase á Policía Autonómica por un quítame aló ese cartel, pero o que xa non lle vou pasar é que ande a piques con Susana López Abella a ver quen trataba peor á súa criada ¡Propoño a destitución de Antón Losada do seu cargo de Gardián da Vicepresidencia! [...]

33 Antón Trabado

O tal Losada comeza a cheirar a cadavre. Onde está Quin a defendelo publicamente?

32 Brañas

Exemplo de cisnismo elevado a enésima potencia.O fulano emula a F.González cando lle preguntan polo incidente.Responde "algo lein nos xornais".El Pais de hoxe.

31 Que medo

O Losada pode pedir as tertulias da galega onde se fartaron a dicir que todo era unha simple anécdota.Mesmo ese locutor tatexo que teñen repetía e repetía que non había problemas no goberno por ese pequeno incidente.!Como se lle ve o plumeiro a este individuo!Pero claro ten a lección ben aprendida pois facía o mesmo , pero o revés , cando mandaba o PP na TVG.
Con todo , as tímidas críticas dos tertulianos, que non do presentador, deben ser algo insoportable para este grao no cú que lle saíu o Quin.

30 Paulo

Supoño que a seguir, logo de ter a transcrición da tertulia pedirá os enderezos e teléfonos, presentaráse nos seus domicilios, botará abaixo a porta a patadas e xogará a "Good Fellow" ou algo así, a dicirlle "tú a mí no me dices eso a la cara, es que no sabes que yo soy ahora muy importante (y muy nacionalista)?". De iso non funcionar, probará a asosar aos cónxuxes dos contertulios, ou a facer pintadas nos sitios onde vivan...
Que se vaia. Xa.