Estimado Pedro Madruga, non creas que debezo por polemizar contigo, pois posiblemente estaríamos de acordo na meirande parte das cousas, como o modelo de País, o modelo de loita nacional, endexamais botaríamos a alguén por opinar que Israel é millo ca Palestina ou viceversa. Por certo, no que a Israel atinxe, e reitero que hoxendía coido que é Israel o principal responsable da situación, nembargantes, ós upegallos compriría lembrarlles (pois unha chea deles son ben ignorantiños) que o sionismo naceu coma un movemento nacionalista, laico e maiormente de esquerdas. Ou seña, como o BNG mesmo. Isto non obsta a que, co devalar do tempo, o sionismo, como di un proverbio maia, para prantar o seu xardín tivo que destruír o do veciño. Pero en fin, non te escribo para contarche a historia (e maila histeria) do "pobo elixido", senon pra esclarecerche as andainas do ínclito Alberte, galopín onde os haxa.
Podesme crer que, se non fose certo o que digo, estas liñas endaxamais existirían, e falaría de Israel, o sionismo, o nacionalismo árabe laico e -inicialmente tamén- de esquerdas (o Baás), temas abondo máis fermosos. Nembargantes, a realidade dos feitos obrígame, por imperativo moral, a descender ó submundo das miserias.
Dis que ten un despacho de entre 11 e 14 avogados. Iso é falso. Na actualidade son tres.
Dislle ó Apóstata que é de coña que os avogados que marcharon, en sendo laboralistas, non lle puxeron unha denuncia. Esqueces que tales avogados marchan precisamente coa entrada en vigor da nova Lei da Avogacía. E fano por mor do xeito en que o ínclito pretendía sortear as obrigas sociais que tal Lei impón. Tales avogados, no canto de rifar en público, optaron por marchar, a sabiendas de que o Alberte por si só non é quen de levar o despacho (traballar dá moito chollo).
No tocante a que as decisións son compartidas, en clara referencia ó outro socio do despacho, coido que tes toda a razón do mundo; e precisamente é algo que os que marcharon non acaban de comprender: o comportamento do "outro socio". Malia todo, o "outro socio" foi convidado á inauguración dos despachos dos fuxidos, mais a Alberte ninguén o convidou.
Respecto a que a CIG tivo que baixar as súas pretensións e chegar a un acordo con el, coido que o propio Alberte é a túa fonte d einformación. Se non saberías que o que baixou, e moitísimo por certo, as iniciais pretensións económicas foi o inefable Alberte. Seica lle pagaron arredor do 30% do que, de gañar Alberte o preito, lle correspondería. En fin, coma tantas veces, o Alberte xogaba de farol. Pero desta volta raxouse. E que saibas que o Alberte nunca pactaba, cando defendía a outros, por tan pouco, preferindo arriscar a ver se sacaba algo. ¡Ai machiño!, pero el non tivo "huevos" a entrar ó xuízo, e aceptou o 30%.
Aludes, se ben moi cripticamente, a un conselleiro; e dis que foi a persoa que peores resultados sacou en Lugo. Meu amigo, outravolta faltas á verdade; a persoa que peores resultados sacou en Lugo foi a mesma persoa que millores resultados sacou en Lugo. Explícome, o Alberte presentouse varias veces: unhas non saíu, outra saíu el só, e na terceira vez saíron tres. O candidato era sempre o mesmo, pero non os resultados. O conselleiro sacou dous deputados. Se cadra o feito de que os ciclos políticos trocaran algo ten que ver isto. ¿Ou non? Ou o feito de que canda Alberte sempre se presentaba Beiras, namentres que o conselleiro se presenta canda o Quin.
Finalmente, a referencia a os máis proxímos do conselleiro tamén se beneficiaron é unha miguiña tendenciosa; sobor de todo vindo de alguén que defende en público ó Alberte
Por certo, e pra min é abondo significativo, na túa contestación ó Apóstata, nada dis sobre a mediciña pública e a mediciña privada. ¿Cómo explicas que alguén sexa traballador da CIG como avogado a xornada completa e ó mesmo tempo se adique tamén a xornada completa a un despacho no que leva as mesmas materias ca na CIG? ¿Cómo explicas que a xente fose á consulta privada pagando moito por algo que "en teoría" podía acadar na consulta da CIG gratis e co memso avogado? ¿Habería a mesma atención ou a xente é parva? En fin, moi de esquerdas non é a cousa. e ollo, que a esquerda nn significa ser bobo, pero tampouco ser listillo de máis.
Unha aperta.