"La Teijeira, El Bollo o Chandreja de Queija" no Instituto Xeográfico Nacional

Ciberirmandade propón unha nova campaña para legalizar a toponimia galega do Instituto Xeográfico Nacional...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/03/2007 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

Non é aceptábel que na páxina web dunha administración como é a Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional, practicamente todos os topónimos de Galiza estean tan grotescamente deturpados, esquecendo o deber de respetar os nomes oficiais dos concellos galegos. Máis aínda tendo en conta a importancia que a toponimia ten na elaboración de cartografía, polo que o IGN debería ser especialmente coidadoso con este tipo de grallas.

Vendo esas barbaridades case pasa desapercibido que a versión en galego desta páxina web ten a meirande parte dos seus contidos en castelán, e as partes en galego están inzadas de faltas de ortografía, o que é unha enorme falta de respecto para a cidadanía galega. No prego que che propón enviar a CiberIrmandade, solicítase, ademais da corrección inmediata da toponimia, que o Instituto Xeográfico Nacional faga unha versión seria en galego da súa páxina web".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

37 Jacques Lacan

As veces escribo e non me lembro de cousas que quería decir, así que teño que escribilas a touro pasado. Por exemplo, o que escribe Ana sobre os topónimos e que os que somos español-falantes somos intolerantes con galego. ¡Nada máis lonxe da verdade! Eu non teño nada en contra da língua galega, que falo e escribo, ainda que non todo o académico que eu quixera, pero es que os nacionalistas quitáronme as ganas de perfecciónalo con a sua pretensión de impoñéla como única e exclusiva língua. Ainda máis, parte dos miños ancestros eran galegofalantes, pero pretender impoñer a língua fai que lémbreme dos franquistas que querían erradicar o galego. Non o conseguiron e vos tampouco vades obter ese triunfo sobre o espanhol, por moito movemento pendular que lle déis a o asunto.
No que se refire a o asuntos dos topónimos, non vexo porque non poden coexistir como “oficiales” La Coruña, en español e A Coruña en galego. O topónimo “La Coruña” ten antecedentes desde o século XII e na Capitanía Xeral da Coruña hay mapas dos tempos de Felipe II con inscripcións donde figura “La Coruña”. Que no ano 1983 veñan a querer cambiarnos o nome da nosa ciudade, non é de recibo e moitos non estamos por esa nefasta labor que non fai más que desacreditar o nacionalismo con un novo feixismo lingüístico e provocar odio, resentimiento e rechazo entre galegos, que por certo, así nos vai, en vez de estar todos unidos con un proxecto común e viable, respetándose todos. Así que, Anita de los mil días, non somos intolerantes, queremos os dous topónimos, según na língua que estemos a usar. Eso sí que e democracia e o demáis, farrapos de gaita.

36 Jacques Lacan

¡Vaya, homiños, vaya! Así que agora son machista por dous comentarios feitos con humor despois da mensaxe principal que escribín onte, con a intención de rebaixar a tensión e ver de situarmos nun punto medio de tranquilidad e diálogo. Pero está claro que non tedes siquiera un pouco de sentido do humor ¡que imos facerlle! Respecto do Xosé Castrón, teño que recoñecer que fixo un escrito de dez apartados moi elaborado, e está a seguir con o mantenimiento do insulto a Cristina, que o que ela dixo, a min non paréceme tan grave ni tan ofensivo (¡Qué patéticos son los nacionalistas!); en cambio si paréceme un exceso o de "miña meretriz querida"". En non terás nada que ver con a web de galiciaconfidencial, pero dasme un certo cheire con tanta permisividad que che dan aos teus escritos e insultos. Boeno, que vos vaya ben a todos. ¡Aburiño!

35 Ana

Con todo, Cristina, e de muller a muller...os homes "progres" tamén te son machistas...

34 Ana

Con todo, Cristina, e de muller a muller...os homes "progres" tamén te son machistas...

33 Ana

Para Cristina: son muller e galegofalante, como o son moitas mulleres en Galicia, como o foron tódalas mullers da miña familia. Non se trata só do tema dos topónimos, trátase de dignificar o noso idioma. Eu vivo nunha cidade na que non se fala demasiado galego, e cando empecei a falalo, moita xente reaccionaba mesmo con violencia¿"y tú por qué hablas gallego"?. Ti dis que os nacionalistas son patéticos, i eu digo ¿por qué algúns que falan en castelán son tan intolerantes?. Falemos galego.