Diz Guedes arranca no Sur de Pontevedra

Diz Guedes sigue insistindo no Sur de Pontevedra. Logo de fechar a súa propia lista en Tui, tenta elaborar novas candidaturas no Baixo Miño e no Val Miñor, tras fracasar un intento no concello da Guarda...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 22/03/2007 | Actualizada ás 01:07

Comparte esta noticia

Ata o momento, ademáis da sua propia candidatura, ten fechado xa unha lista en Tomiño, da que forma parte o ex concelleiro de Urbanismo de Tomiño, Fernando Otero Vilariño, hoxe o propietario do Grupo Onusa, un emporio empresarial constituido en 2001 e con ramificacións no sector da floricultura, o negocio inmobiliario, constructoras e metal, e que obtivo un expectacular crecemento coincidindo coa etapa de Diz Guedes na Xunta.

Ademáis, o ex delegado do Goberno mantén conversas con dirixentes populares de Nigrán e Gondomar, así como con independentes de Porriño para impulsar novas listas. Sen embargo, non fructificaron as negociacións que mantivo con destacados membros do PP da Guarda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 www.aedru.org

tamen no Concello de A Estrada estase a falar de facer unha lista independente polo ex-secretario do pp Reboredo http://www.aedru.org/index-a.htm

6 Olloatento

Desta vai fodido o Nani, non saca máis de dous concellais, tres como moito e vaise quedar na oposición. Demasiadas listas para a parroquia do PP. As eleccións vainas ganar Capón e se vai vengar da que lle fixeron Rocha e Nani, Capón conta con ter a lista mais votada e pensa gobernar co Bloque e co PSOE, con Lano do Bloque xa o ten pactado. Este home aún non se enterou de que o seu tempo na política pasou e pensa que vai ser como cando foi alcalde. Outros que van levar un repaso é o PP, que moita xente xa está farta deles e ademais andan en lios, levan tres asambleas para facer a lista e todavia non a teñen polas bofetadas que hai polos postos de arriba.

5 Lugués

Xa leva salero identificar os intereses de Galicia co apoio ao PSOE. Oínas gordas, pero coma esa...

4 Xosé A. Pena

Apoiaremos o psoe no desmantelamento industrial de Ferrolterra, para favorecer a Puerto Real.
Apoiaremos o psoe para frear as obras do Ave en beneficio doutras liñas fora de Galicia.
Apoiaremos o psoe que ten a ex-alcades modelo que serán imputados por tráfico de influencias.
Apoiaremos o psoe que no parlamente galego vota branco e no español negro.
Existen partidos con 100 anos de historia, 40 de vacacións, e 5 de corrupción xeralizada. Non serán, en galego, carrachos, calificativo que Zapatero seguro non usaría, pero si Bono, Ibarra, máis algún militante émulo de Acebes e Zaplana.

3 anxo

Eu coido que a actividade política de Diz Guedes, por agora, ainda non merece nin moitos comentarios. Está tentando levantar a cabeza na política e iso non e ilícito pero tampouco e importante, penso eu.
Tampouco coido que actúe con rencor.
Nome, vanlle dar pasaporte a todos, gracias a deus. E dígocho de verdade, xa vai sendo hora de que partidos minoritarios (partidos garrapata: ERC, bloque...) poidan ter parte de un governo e actuando con total descoordinación do que ten mais lexitimidade. Si ó bloque lle importara Galicia e non os seus intereses, apoiaría o psoe sin sacar talladas que non lle corresponden. E esta unha democracia ben extrana.