Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/03/2007 | Actualizada ás 21:11
Non gustou, especialmente, o envío de sendas cartas ao voceiro nacional, Anxo Quintana, e ao candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Santi Domínguez Olveira, nin tampouco a difusión deste asunto entre os medios e as institucións israelís. Pero o que máis molestou no BNG é a implicación directa do Goberno israelí, quen a través do seu embaixador criticou as medidas "antidemocráticas" que lle pretenden aplicar ao presidente da AGAI polo seu apoio ao pobo xudeu.
Dirixentes consultados por este medio aseguraron que o presidente da AGAI non será expulsado do BNG e puntualizan que o único que decidirá a Asamblea Comarcal de Vigo é sustituilo da dirección da Comisión de Cultura deste organismo. Non opinan o mesmo dende o entorno de Gómez-Valadés, que din que está sufrindo un "auténtico linchamento político".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.