Denuncian 70 millóns de desfase no Gaiás co bipartito

A Plataforma Cultura Si, Mausoleo acusa a Cultura de ocultar datos e pídelle que aclare o desfase de 70 millóns de euros nas obras do Gaiás durante a xestión do bipartito...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/10/2007 | Actualizada ás 21:52

Comparte esta noticia

ÁNXELA BUGALLO NEGASE A ACLARAR O CUSTE FINAL DA CIDADE DA CULTURA.

O portavoz do BNG no Parlamento declarou publicamente que serán cerca de 500 millóns de euros o que nos vai custar aos galegos o proxecto faraónico que continua sen control no monte Gaiás.

 A Plataforma Cidadán Cultura Si, Mausoleo Non,  denuncia o escurantismo e a ocultación do custe económico que está a supoñer o desfase orzamentario das obras da Cidade da Cultura. Si non mentiu o deputado Carlos Aymerich, durante a súa visita as obras do Gaiás,  afirmou que esta cantidade podía ser xa de 500 millóns de euros. Polo que ao desfase de 300 millóns producido durante o mandato do PP, e co orzamento inicial de 132 millóns de euros, a cifra do desfase que se vai producir  baixo a responsabilidade de xestión do goberno bipartito estaría xa cuantificada entorno aos 70 millóns de euros.

Ante as manifestacións do señor Aymerich, ao que lle damos credibilidade absoluta pola súa posición de portavoz do BNG no Parlamento Galego a súa compañeira nos órganos de dirección do BNG e consellería de Cultura, Ánxela Bugallo, NEGASE PUBLICAMENTE a aclarar si xa esta tan desorbitado o custe final das obras como para chegar aos 500 millóns de euros e xustificar a que se debe este novo exceso das licitacións previstas. A negativa de Ánxela Bugallo a aclarar en que se gastan estes 70 millóns de euros, xerados durante o seu mandato ao fronte das obras supón unha falta de transparencia e ocultamento do financiamento das obras da Cidade da Cultura e que errores ou desviacións se produciron desde os órganos competentes na xestión das obras para estar ante un novo avultamento das previsións do custe inicial das obras do Gaiás.

A falta de transparencia e nula vontade de clarificar os puntos escuros por parte do bipartito queda clara cando Ánxela Bugallo negase publicamente a aclarar a que desfase responde a cifra dada polo privilexiado deputado Aymerich, xa que é de supoñer que cando deu cifra de 500 millóns de euros sabia do que estaba a falar.

Si Ánxela Bugallo non quere informar deste desfase e a que se debe, DEMANDAMOS QUE SEXA O PRESIDENTE DA XUNTA O QUE COMPAREZA NO Parlamento Galego, co fin de explicar ante os cidadáns a situación actual e o futuro do proxecto da Cidade da Cultura, e euro por euro a que se debe este novo desfase de ducias de millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

13 Mariquiña

De acordo con Anxo, a lo hecho pecho...

12 anxo

Oscar, agora uhnha tola egocéntrica está buscando xustificaións para continuar a facer o mesmo que fraga. Nembargantes hai unha cousa que non entendo ¿por que lle tes tanta manía a Fraga?¿como uha perso a de santiago pode rexeitar semellante investimento para a sua cidade?¿como alguén que entende de arquitectura pode dicir que o proxecto do Gaias e malo

11 anxo

Oscar, algún día entenderas que hai un estado de dereito e que todos temos que respetar, algún día sabdrás que existe unha lei de ´contratos para as administracións públicas e non se basea nos teus soños

10 Carlos

As constructoras tamén regalan:
http://www.elpais.com/articulo/espa...

9 Manoliña

Por qué non regalamos o Gaiás as constructoras e que xestionen elas o uso, a cambio de quitar o peaxe na A-9 e na autonavallada a Lalín?. Asumo que mandan elas sobre os políticos, se non como se explican as renovacións de peaxes en infraestructuras vitais, esos concursos que gañan sempre os mesmos.....a ver si agora vai ser que os políticos encargan as obras mais pensando nas constructoras que nos cidadans?. Invertide os tremos: A maior gasto público maior beneficio para as empresas concesionarias e maior endebedamento logo maior beneficio das entidades financieiras que prestan a xunta.