Críticas ó BNG por "xenófobos"

A Asociación Galega de Amizade con Israel critica ao BNG por non apoiar unha proposta no Parlamento con motivo do Día Internacional de Recordo das Víctimas do Holocausto...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/01/2008 | Actualizada ás 22:08

Comparte esta noticia

 

O BNG impediu que a Deputación Permanente do Parlamento de Galicia aprobara con motivo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto. unha declaración institucional de condea do nazismo e lembranza dos seus millóns de vítimas, ao oporse a un texto que contaba co respaldo do PSOE e do PP. O BNG tampouco aceptou sumarse á Declaración en Memoria das Vírtimas do Holocausto que o ano pasado sí fora aprobado cos votos dos tres grupos parlamentarios.

 

A postura do BNG contrasta moi chamativamente co feito de que o Congreso dos Deputados, o Parlament de Catalunya ou na Asemblea de Madrid levan entre 4 e sete anos celebrando o 27 de xaneiro -día da liberación de Auschwitz- non só con declaracións institucionais senón mesmo con actos emotivos nos que participan superviventes do Holocausto e políticos de todos os partidos, entre eles Esquerra Republicana de Catalunya, CiU. ou PNV.

 

A estrataxema do BNG para conseguir que o Parlamento Galego fora protagonista do vergoñento acto de omisión, consistiu en propor un texto alternativo ao que respaldaban socialistas e populares, sabedor o BNG de que non sería aceptado e que, ao non conseguirse a unanimidade, o texto final non sairía adiante, como finalmente así foi.

 

Na súa miopía a todas luces inxustificábel, tentaron mesturar un documento que honraba a memoria das vítimas do Holocausto (incluídos os republicanos españois, xitanos e homosexuais) sen citar sequera as palabras "xudeo", coa situación actual do conflito de Oriente Próximo.

 

Convidado o portavoz do BNG, Carlos Aymerich, a presentar unha iniciativa parlamentar diferenciada referida ao devandito conflito, o representante do BNG desbotou tal posibilidade e consagrou finalmente a vergonza de sumarse ao carro dos negacionistas de extrema dereita deixando no aire a pregunta de que clase de catadura ética pode ter quen actúa dun xeito semellante.

 

A Asociación Galega de Amizade con Israel manifesta a súa máis enérxica desconformidade con actitudes que deshonran a quen, como parte do cogoberno de Galicia, debe representar a todos os galegos e galegas sen exclusións por motivos ideolóxicos ou xenófobos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

33 Lois

Xa vale de hipocrisía!! O importante é o número, non? Cómo se quantifica a vida de 6.000.000 de "holocaustiados"? E a dos armenios, hutus-tutsies, pobos indíxenas de América, rusos, árabes, ocupantes de rañaceos...?
Con qué se compara? valen máis uns que outros? importa o contexto histórico, a súa localización, raza? O uso que alguns fan de acontecementos concretos e beneficio propio e como cortina de fume, cheira xa un pouco. Ninguén está a defender un negacionismo en particular polo feito de non participar en "actos de fé" ano tras ano e minusvalorizar outros feitos semellantes. O curioso desto é que propoñentes do asunto sexan persoas tan populares e cuns vincallos tan presentes aínda cos que marcharon xunto cos nazis e a División Azul co-laborar na arización de Europa!!

32 brian

O concelleiro de AGAI dimitiu porque se citaba "étnia" e non "xudeos". Da a impresión que non se queren mezclar con outras étnias como os xitanos que tamén sofriron exterminio.

31 Lena

Tes razón Manuel, a verdade é que tratar de discutir nada con xente así é inutil…O que tiña que facer a unión europea, en lugar de subvencionar os luxos de tiranos como Hassan II en Marrocos ou o ladrón de Arafat en palestina, era coller eses cartos e convidalos a pasar un día, un só día, en un campo de exterminio nazi…

30 Lena

Tes razón Manuel, a verdade é que tratar de discutir nada con xente así é inutil...O que tiña que facer a unión europea, en lugar de subvencionar os luxos de tiranos como Hassan II en Marrocos ou o ladrón de Arafat en palestina, era coller eses cartos e convidar a pasar un día, un só día, en un campo de exterminio nazi...

29 Manuel

Rocío: "O que antes fixeron os nazis cos xudeus estan facendo agora estos cos palestinos"
JA JA JA...comparas a matanza indiscriminada de 6.000.000 de persoas coa situación dos palestinos...Estás de coña, non? O que dis é un insulto á intelixencia humana