O BNG puntualiza a versión da AGAI

O BNG puntualiza as informacións da AGAI sobre a declaración contra o Holocausto e asegura que nin PP nin PSOE propuxeron texto alternativo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/01/2008 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

A 63 anos da fin da Segunda Guerra Mundial, o Parlamento de Galiza quer lembrar ás vítimas da barbarie nazi. Foron millóns os homes e mulleres asasinados por razón da súa etnia, relixión ou ideoloxía, dun xeito industrial e planificado, polo nazismo alemán e os seus colaboradores. Através da presente declaración pretendemos evitar o esquecemento destes crimes e previr á cidadanía galega contra aqueles que seguen a negar a súa realidade histórica ou a minimizar as súas consecuencias

Os horrores da guerra e, en particular, os dos campos de exterminio están sen dúbida na raíz da Declaración Universal de Dereitos aprobada pola ONU en 1948. É por iso que neste seu 60º aniversario o Parlamento de Galiza reivindica a súa plena vixencia denunciando sen paliativos situacións que, como a blocaxe que sofre a franxa de Gaza ou o muro de separación que está a construir o Estado de Israel como parte da ocupación militar da terra de Palestina, supoñen unha conculcación non só da legalidade internacional mais tamén dos dereitos inviolábeis que pertencen a todas as persoas e a todos os pobos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

17 anónimo

Paréceme moi ben que os do bloque se preocupen polo acontecido na IIGM pero non estaría nada mal q se preocupen por Galicia, e que non se esquezan que están gobernando e por iso teñen q facer cousas. E agora que estamos en campaña temos mais que nunca un bipartito, pq están a facer campaña cada un polo seu lado e esquécense de que a nosa vida depende do seu traballo. Panda de interesados

16 Oscar

En total na Segunda Guerra Mundial morreron 62 millóns de persoas, a maioría europeos e civís.

15 Carlos Manuel

Totalmente de acordo co text ;hai que recordar tamén que os nazis non so aniquilaron xudeus ( 6 millóns aprox. ), senón tamén xitanos, soviéticos , etc..... en cifras nalgún caso maiores.

14 Luis de Guimarães

Os xudeus queren que se condene o holocausto?, parece lóxico, mais non fagas a outros o que non che gustaría que che fixeran a ti. Así de sinxelo explica o BNG a súa actitude.
Namentres segan a facer o que fan en Palestina non se debería de condear o holocausto, por certo...por qué non condeamos as atrocidades realizadas polo fascismo español?, non sabiades que a fosa común mais grande de Europa non está en Polonia, nin na Alemaña? está debaixo do cemiterio de Valencia...con mais de 25.000 esqueletes, de persoas asesinadas polos fascistas en 1939 de republicanos que fuxian polo porto de Valencia tras cair a Segunda República...se cadra isto non é holocausto?

Por último, tanto se falan dos xudeus, mais sempre se obvia os asesinatos de milleiros de comunistas, socialistas e anarquistas asesinados polo rexime nazi non só na Alemaña, senon en Chequia, Eslovaquia, Polonia, Franza...

13 brian

Talmente como di "un que sabe".