O problema xitano

Non son quenes na administración de atallar a problemática que, nos últimos tempos, rodea á comunidade xitana...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 27/03/2008 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

A proposta de Quintana de facer "poblados provisionais" non gusta a todos. Hai quen di que é construir "novos guettos" para os xitanos. Pero a iniciativa está apoiada polos socios do bipartito.

Dende os propios partidos e concellos aconsellase á Xunta que tenten atallar esta cuestión de raiz agora que xa é un problema social de relevancia. Por iso, algún cargo institucional xa aconsellou que se aproveite para erradicar o chabolismo e suprimir os puntos negros de venta de droga que hai nalgúns asentamentos xitanos; que se fale coas asociacións xitanas e se inicien programas de "educación e convivencia" entre payos e xitanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

23 amapoula

Eu penso que construír "plobados provisionais" non é solución correcta.O mellor sería facer programas de integracion social pero sempre sen facerlle perder a súa cultura e costumes. Deixalos vivir onde qeiran mentres que non violen a propiedade allea xa que os paios fan o mesmo.

22 Oscar

En Sudáfrica xa o coñeceron iso, chamábaselle APARTHEID.

21 ragonmar

O que está claro e que ai moito progre que quere aparentar de tolerante e integracionista. Pero que lles metan os xitanos diante da casa de outros.
Chamemoslle como queiramos, pero esto que esta pasando e o racismo mais cruel. EStamos dispostos a axudar a outras etnias, pero ca condicion de vivir afastados deles.
Eso e en calquera parte do mundo RACISMO

20 romanó

Sobre tópicos falsos se pode construir toda unha ideoloxía xenófoba. Eles son os racistas porque nos chaman "payos". Nos dicimos "gitano" cando queremos dicir maleante; "Quinqui" para dicir ladrón, etc. O dos grandes coches, as multas e os seguros é unha trola como unha casa. O das vivendas a precios irrisorios parece unha coña cando se lle nega o dereito a ter vivenda por ser xitanos e vir de onde veñen. Eu preferiría que a xente dixera simplemente que ten medo (o medo é libre) a que andivera manexando tópicos nazis. Os xitanos tamén foron un grupo social que os nazis condearon aos fornos crematorios. Hoxe algúns moi modernos aplicarían microondas.

19 Oscar

"Yo es que no soy racista, pero..."