O futuro de Esquerda Unida

A crise que afecta a IU tamén chegou a Galicia. A formación que dirixe Iolanda Díaz atópase inmersa en debates internos sobre o futuro da coalición...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 18/05/2008 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

En Galicia o debate tamén se centra na actuación que a formación ten alá onde cogoberna, especialmente, na cidade de Ferrol. Non gusta entre a masa militante a submisión de EU-IU as directrices socialistas e piden unha política marcadamente de esquerdas.

Sobre a petición realizada aos grupos da Cámara galega para que rebaixen do cinco ao tres por cento a barreira de apoio electoral para acceder ao Parlamento, e que foi rexeitada por PPdeG, PSdeG e BNG, EU mantén que continuará a súa loita e baralla presentar un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, aínda sabedores de que o éxito será escaso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

15 Caifás

Xa, pero é que esa, para min, non é a cuestión. Creo que xa dixen que se a un obreiro lle dan a escoller (falsamente) entre o traballo na obra medio ilegal, ou tomar un tempo de reflexión e ordenación, iso ten unha clara resposta. O comunismo evoluiu bastante desde a dialéctica burgués-obreiro na que te apoias para criticalo. Vaia. Faiseme tarde. Seguimos mañán. Saúdos.

14 Oscar

Eu penso que IU tivo malos resultados porque non está á altura das circunstancias. cando o telón se acero caiu, a maioría de partidos comunistas decaeron, en España a IU de Anguita (procedente do PCE) decaeu con certo retraso porque aquí todo vén despois.
Logo, ao apostar polo ecoloxismo, coa fusión con Izquierda Verde, adiantouse ao seu tempo, pois todavía non é unha preocupación real, pero o será dentro de moi pouco.
O fututo de aquí a dez anos non está no poscomunismo, está na liña que seguen agora.
Pero sobre todo, fáltalles tamén un líder carismático, que chupe cámara e dea titulares, que non teorize, senón que convenza. E tamén falta encher o "oco baleiro" do que falaba enriba cós temas que se soen asociar á dereita para non seguir perdendo voto obreiro en favor do PP. Que os obreiros a día de hoxe votan a IU o mesmo que os "burgueses".

13 Caifás

Dis ti. E eu acredito. O que pasa é que agora mesmo, tanto psoe como pp dependeron da financiación dos ladrilleros, e corresponderon aloumiñando que te rilas a estes piratas. O que quero dicir é que o millón de votantes de iu agardan decisión e independencia (na financiación, sobre todo)non "imaxinación" nin que estes carrallos pensen que falan no seu nome. O que piden é un partido que NON CEDA polo dereitos dos traballadores.

12 Oscar

O Estado arruinaríase se tivese que comprar toda a vivenda excedentaria, aínda que fose a prezo de custe.

11 Caifás

Óscar, IU sacou aínda peor resultado en 2008 por andar a falar de memoria histórica,da cansina bandeirola da segunda república e "esquerdas plurais, multi,maxi,pan etecé...". Creo que este resultado é o que debemos ter en conta, aínda que é certo que o PCE afundiu no 77. ¿Comunismo? qué é hoxe comunista? Contra as clases medias, os asalariados: o 75% dos traballadores españois son asalariados.Un dos males endémicos é a precarización e a explotación dos traballadores novos. Coa crise, haberá lugares e situacións nos que a precarización acade cotas de "proletarización" (con permiso para empregar esta palabra) aínda que a percepción deses mesmos traballadores é que aínda son parte desa "clase media": é dicir, aínda poden ter acesso a bens de consumo (asumido débedas, of course). Creo que o PCE xa ten programa de seu, pero, aínda concordando nalgún punto da túa análise, non creo que a presencia da esquerda sexa coaccionar para rematar coa especulación(obrigas aos trabaladores a escoller entre o "deber ser" e o pan de cada día, eu non dubidaría, e ti tampouco). Para min, debe ter a forza suficiente para deixar actuar e, se chega o caso, intervir. P.E.: crise inmobiliaria: vale, hai pisos valeiros, o estado mércaos a prezo de coste e xa temos vivendas públicas a eito. É un exemplo precipitado, claro. Igual que coa banca: nacionalizala. Claro que dicindo estas cousas, non tes o apoio económico dos outros partidos, peros e cadra, tes os das bases. O da República paréceme mooi secundario. Vexo máis accións pola república por parte do pp que do psoe ou de iu. Juancar opina coma min. Se hai terceira rep burguesa, aínda imos ver aos esquerdinhos axitando a "tricolor". O programa do PCE fala de asociacións veciñais e comunais fortes, con atribucións en campos coma o urbanismo, a educacións e a toma de decisións municipais. O da seguridade...é un tema complexo, ten base na realidade e corpo na percepción. Ben, creo que xa me extendín dabondo. Saúdos.