A situación de La Región

Hoxe publicaba El País que a Deputación de Ourense quere entrar no accionariado de La Región. Non é a primeira vez que o seu presidente, José Lus Baltar, axuda, en forma de subvencións, a este xornal...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/05/2008 | Actualizada ás 23:00

Comparte esta noticia

Non é a primeira vez que La Región ten problemas de liquidez. De feito, tal e como xa contamos, é un dos medios galegos que subsiste gracias ás axudas da administración. Os actuais propietarios deste xornal sondearon a varios compradores, entre eles, a Jacinto Rey. Sen embargo, algunhas das débedas contraídas non xogan ao seu favor. Esta situación de inestabilidade tamén tamén está a afectar seriamente aos traballadores deste medio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Oscar

Baltar é consciente de que se non fai nada tén os días contados; por iso trata de conservar a poltrona desesperadamente.

2 anónimo

sientiendolo por los trabajadores sería mejor para todos y para la libertad que cerrase de una vez. los orensanos lo agradecerían. en ese caso, baltar debería absorver toda la plantilla del folletinesco diario integrándola en nómina en la diputación. unos cuantos trabajadores más no se notarían y -algunos- darían algo de aire fresco a esa institución diciochesca

1 kronika

pois como entre vaille pasar como lle pasou ao clube sportivo ourense que fai uns días baixou a antiga rexional preferente (antiga terceira división) e din que baltar levaba varios anos polo medio e medio xogando a accionista e disque ordeandolle aos seus que se fixeran accionistas. e tamén poñendo diñeiro de tódolos cidadáns para manter unha SOCIEDADE ANÓNIMA sportiva. recoméndolle aos parados ourensans que monten unha empresiña e, se lle vai mal, que obrigue ao virrei da auria a financiarllelas perdas ...