O chalet de Pepe Blanco

Informannos de que secretario xeral do PSOE, José Blanco, mercou unha casa nun complexo residencial que se está a construir na Illa da Arousa e que incumple a Lei de Costas por estar a menos de 100 metros do mar...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 18/06/2008 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

10 Baiona Consciente » ¡¡BASTA XA!!

[...] Pepiño Blanco mercou unha vivenda ilegal. Curiosamente aquí véndese a historia como que o socialista se beneficiou cando resulta ser un afectado que terá que recibir unha indemnización se non se constrúe finalmente o inmoble mercado. [...]

9 galego do común

Pero vamos a ver home, a lei dos 500 metros era para as construccións que se ían facer a partir dela, para evitar a brutal construcción de fincas á beira do mar ¿solares?, e para advertir de entrada ás constructoras que a Xunta non ía permitir a urbanización a esgalla á beira do mar en concellos que non tiñan PXOU e daban licenzas en escuras comisións de urbanismo onde o alcaldiño dicía sí ou non en base ós criterios que todos sabemos. O 85% dos concellos do PP non tiñan PXOU a pesar de dúas leises do solo do señor Cuiña D.E.P. que así o obrigaban. Non ter PXOU=corrupción urbanística. Como era imposible obrigar a facer o que non se fixo en 30 anos nuns meses, púxose a norma radical coma ningunha neste goberno de prohibir as novas licenzas a menos de 500 metros da praia (enténdese en solo non urbano senón na Coruña ou Vigo non se daría ninguna licenza de obra).
Contra a lei coma sempre xorde a campaña de difamación dos afectados, neste caso alcaldiños-constructores do PP que é o mesmo. E atacan co sesudo argumento de que Touriño seica que veraneaba a 500 metros da praia nunha casa, é dicir coma o 99% dos veraneantes en todo o pais á beira do mar, confundindo o touciño coa velocidade e facendo gala dunha profunda oligofrenia. Agora que se Blanco alias pepiño merca un chalete nunha urbanización, se é na illa de arousa enténdase que está a menos de 500 metros do mar por calquera lado, máis a licenza era anterior, e a illa de Arousa xa ten PXOU, e xa ten moi clariño onde se pode construir e como e onde non.
Vaian vostedes a Barreiros, e vexan os edificios de 10 plantas ciscados polas leiras con vistas ó mar, todos solicitando servicios ó concello que lles concedeu licencia de obra e con carteis de "inmobiliaria del norte" dicindo que polo teu pisito en carabanchel recibirás de agasallo un magnífico apartamento en Barreiros e entenderán vostedes o espírito desta norma temporal ata que os alcaldiños-constructores fagan por fin delegación das súas competencias en urbanismo nun PXOU.

8 uuuuuuuuu

Hai moito avogado de silveira nesta páxina.

7 xeito@hotmail.com

O chalé de Pepe Blanco, a casa de veraneo de Touriño, mesmo a de Caride e a de Ricardo Varela, están todas a menos de 100 metros da praia, algunhas cáseque enriba da area. Eso sí, todo legal.

Si acaso que dimita Feijoo !!

6 Oscar

Home, non sei ti, pero dentro do malo, prefiro que me rouben a que me secuestren.
Andalucía a verdade é que é un niño de corrupción; e o PSOE é o menos corrupto (que non o máis limpo) dos catro partidos. Aos do PA deixáronos de votar do corruptos que son, os do PP xa sabemos como son en tódolos sitios que gobernan e teñen costa. E os de IUL xogan a dúas bandas, sen reparos en obter o poder con axuda do PP se o quedan segundos e o PSOE primeiro nun municipio, en casos así, entre os dous repártende literalmente o municipio.
E para mostra un botón, para un ladrón que deteñen do PSOE, deteñen a un secuestrador primo de Rajoy. O PSOE cágaa, o PP tén que cagala máis, pola súa ambición de que é superior ao PSOE en todo.