Unha relación rota

Hai tempo que a relación que manteñen o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, está rota...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 24/06/2008 | Actualizada ás 09:57

Comparte esta noticia

None

O certo é que a nova musa de Quintana é a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, coa que se deixa ver en numerosas ocasións e que ten moitas papeletas para formar parte da vindeira executiva nacionalista en detrimento, precisamente, de Ánxela Bugallo que non repetirá no cargo de repetirse o bipartito tras as autonómicas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

55 Galicia Confidencial » Blog Archive » En profundidade.- Sobre ceses e outras cuestións

[...] Xa o contamos aquí hai algún tempo. O divorcio entre Ánxela Bugallo e Anxo Quintana é un feito dende hai meses e, neste divorcio, teñen que ver outros sectores do nacionalismo galego, especialmente a UPG. E é que as relacións entre Ánxela Bugallo e os líderes deste partido, con Francisco Rodríguez, á cabeza, non son nada boas dende antes, mesmo, de que ésta asumira a titularidade de Cultura. Os desencontros con Quintana chegaron moito despois, mediada a lexislatura, e neles tiveron moito que ver a presión política e mediática exercida sobre o proxecto da Cidade da Cultura. Nese contexto, e con ataques dende todos os recunchos; Quintana, UPG, CIG, Irmandiños ou MPLB, Bugallo comezou a navegar soa. [...]

54 dani

Os que coñecemos a Amoedo sabemos que non é unha cousa do outo mundo, entre outras cousas porque non sacou a carreira en Harvar, pero a súa honestidade, humildade e humanidade e tan grande que xa a quixera para sí a Bugallo.

Nisto que decides das relacións rotas entre Quintana e a Bugallo non estou nada de acordo. Quintana ao ser o coordinador do BNG, debería usar a súa autoridade e non tiña que consentir o cese, non de Amoedo, senón de calquer outros cargos a estas alturas da lexislatura. Para min quedou como un calzonazos. Según din tamén ten parte no botín da Fundación P. da CdaC.

53 Galicia Confidencial » Blog Archive » Avance.- Por que o cese en Cultura?

[...] O cese do secretario xeral da Consellería de Cultura, Carlos Amoedo, ten moito que ver coas diferencias, que dende hai tempo, mantén a cúpula do BNG coa titular deste departamento, Ánxela Bugallo…Xa contamos aquí que a relación entre Quintana e Bugallo está rota. Segundo puido confirmar GC, Amoedo era unha persoa da total confianza de Quintana e as relacións con Bugallo non eran as desexadas dende hai tempo. Sen embargo, no entorno do líder do Bloque pensabase que Amoedo ía rematar no seu posto ata as seguintes eleccións polo que o seu cese causou certo malestar, sobre todo, cando quedan cinco meses para os comicios. O propio Touriño non deixou pasar hoxe o momento, logo do Consello da Xunta, para asegurar que Bugallo “perdeu a confianza” en Amoedo e de paso, suxerir, a existencia dunha minicrise do BNG na Xunta. [...]

52 trosky

salvador, non lles insistas no cerne da cuestión que non queren enterarse.

51 Salvador

A cuestión é esa, a xestión. Ese é o problema neste caso.