As intencións de Blanco

A decisión de José Blanco de mudar a Secretaría de Organización pola Vicesecretaría Xeral do PSOE foi moi meditada e podería ter unha explicación efectiva nos vindeiros meses...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/07/2008 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Ainda que, oficialmente, o PSdeG negou que vaia a crear unha Vicesecretaría Xeral, non se descarta unha fórmula intermedia que permita aos altos dirixentes do partido, como é o caso do Secretario de Organización, compaxinar estas funcións con outras no executivo, tal e como acontece agora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 Galicia Confidencial » Blog Archive » Xogo de equilibrios no PSdeG

[...] E aínda que algúns aseguran que Touriño xa non ten rivais, o certo é que botando contas, as cousas seguen como estaban, ou case. Tal e como avanzamos aquí, o PSdeG dotouse dunha estructura idéntica ao do PSOE, unha fórmula que o propio Touriño e Varela descartaron en varias ocasións e que se rescatou o sábado durante un encontro que mantiveron Touriño, Blanco e Varela para perfilar, definitivamente, a composición dos novos órganos socialistas. Deste xeito permitese a continuidade, sen que caia en contradicción coa nova estructura do PSOE, dos altos dirixentes do partido nas estructuras do Goberno galego, como é o caso de Varela, sen que estes perdan atribucións nin poder. [...]

6 Oscar

Moi manipuladores os de Galicia Confidencial:
" Partido Socialista Andaluz de Chávez"
O PSA é un partido rexionalista andaluz que nada tén que ver có PSOE-A (ou PSOE de Andalucía) que dirixe Manuel Chaves, non Hugo Chávez.
Blanco será ministro, é cuestión de tempo, coma é cuestión de tempo que a Maleni abandona, pois é unha das que máis sona para suceder na Presidencia de Andalucía a Chaves.
Chaves disque está empecinado en que esa muller o suceda. A min persoalmente, coma socialista, non me gustaría presentar "iso" (por chamarlle dalgunha maneira) coma candidata para a rexión máis poboada do país. É capaz de perder Andalucía,.e que Arenas consiga maioría absoluta a conta dela.

5 anónimo

laberquiño, estou seguro que debías estar bébedo cando oiches o das bebidas no avion. tes tanta obsesión co psoe españolista que xa te trabucas ti mesmo. non sería que quen cho dixo disque falaba de "melendi" e ti nos teus delirios quixeches ouvir "maleni"?

esperta dos efluvios e vixía máis aos teus que ises ainda por riba son tan parvos que por onde van deixan probas das juergas que se pegan á conta tua e miña:
http://www.lavozdegalicia.es/galici...

4 Costadamorte

Penso que Blanco querría, pero non vai poder ser...
Leire, nin val, nin da perfil, e se Blanco deixa o partido a valga, coa crise vai ser o acabouse, (salvo que recuperaran ao Guerra)...
Por outra parte, tamén coa crise, o Ministerio de Fomento vóltase fundamental, e non vai estar a cousa para aventuras persoais como quería Blanco para catapultarse a presidencia da Xunta no 2012...
¡Que se lle vai facer!, ¡o seu tren xa pasou!..., (o de tren vai sin segundas)...

3 anónimo

O que vos dicides non é unha posibilidade, é rotundamente verdade, se non se torce nada polo camiño
Dende 30 días antes do Congreso está preparada esta xogada. Foguear a Leire unha temporada e Pepep Blanco salta ó executivo.
O que non é certo é o de Galicia. O PSdeG non vai crear ningunha vicesecretaría xeral (senón menudo ataque de cornos para Emilio)