Cociñando sobre mollado

 

Non acabaron aínda as investigacións sobre as famosas vieiras tóxicas xa que nos próximos días poden producirse novidades...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 18/09/2008 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

A Garda Civil non descarta novas detencións, nin volver chamar a declarar aos imputados nesta investigación, entre eles, a Toñi Vicente.

Nos últimos días GC soubo máis datos sobre o caso. Segundo nos contan, cociñeiros importantes implicados nesta trama estaban pasando grandes apuros económicos, unha situación que os levaría a facerse con productos no mercado negro sen os controis alimentarios pertinentes. Tamén hai pequenos proovedores que se queixan dos retrasos de pagos e mesmo incumprimentos de acordos por parte destes mesmos cociñeiros, considerados como os grandes da cociña galega.

A situación é tal que a propia Xunta recibiu de volta (antes mesmo da operación) varios pagos efectuados a algún destes restaurantes, en concreto da nova cociña, por problemas destas empresas coa Seguridade Social. Un feito que causou alarma entre os políticos que acuden, frecuentemente, a estes locais. Outro dos implicados neste caso tivo a concesión da cafetería-restaurante do Parlamento de Galicia.

Feitos todos estes que poden explicar a falla de actividade política sobre este caso. Nin PPdeG, nin PSdeG, nin BNG presentaron iniciativas a este respecto. Nin tan sequera houbo unha estratexa política por parte do grupo da oposición para criticar a falla de iniciativa do Goberno galego en materia de control alimentaria. E é que, ao parecer, as amistades no sector da restaruración son moi importantes.

Tamén causou alarma e sorpresa o acto que varios intelectuais e cociñeiros, entre eles Xosé Manuel Beiras, realizaron ante o restaurante de Toñi Vicente para amosar o seu apoio a esta cociñeira. Houbo quen interpretou esta acción como un apoio as actividades ilícitas que realizou a cociñeira. "Se fora un pequeño restaurador o implicado seguro que non había nada disto pero como é unha da 'nouvelle cousine' pois hai que apoiala", comentaron cargos da Administración Galega que tildou de "elitista" esta concentración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 melibelit

Pareceme incrible que haxa alguen capaz de solidarizarse coa dona dese restaurante, xa non se trata so de se ese marisco estaba ou non contaminado, non se trata so de que supostamente estibera cometendo un delito contra a saude, tratase de que presuntamente estaba a vender mercadoria roubada. Os posibles afectados deste caso non son so os que comen nesa casa de comidas se non moita outra xente que non se pode permitir ese luxo e sen envargo estanlle roubando o seu medio de vida para mañan. O unico motivo para que un restaurador merque productos no mercado negro e a avaricia, que o seu marxe de veneficio se engorde cada dia mais, sen importarlle o mais minimo que miles de mariñeiros non cheguen a fin de mes, que por culpa de practicas desta indole non haxa xente nova para o sector xa que ninguen quere un traballo no que catro ladrons consigan que non teñas que vender.
Temos que ver como Toñi Vicente recive apoios mentres que ninguen quere ver que o mesmo tempo se solidarizan cunha practica que, por comun, non deixa de ser despreciable. A mercadoria decomisada maña poderia ser o pago do aluguer, o gasiol que precisa para traballar ou os libros para a educación sos seus fillos, mentres que hoxe so é un cero mais para engordar a conta corrente dalgun restaurador de renome e o coche novo dun ladron sen escrupulos

3 undetal

que tristura o epílogo da carreira política de Beiras. Ou sexa que quen aspiraba a ser presidente de tódolos galegos considera que a legalidade establecida e equiparável a unha circunstancia incómoda que xentes de ben como os grandes cociñeiros poden conculcar se non lles cuadran os beneficios.

porque Beiras (e os amigos de Toñi) non din que a normativa de saúde está obsoleta, nin recollen firmas para propoñer no parlamento unha alternativa. Non, o fondo do manifesto é, se a legalidade non te gusta, sáltala.

Gustaríame saber si Beiras consiodera que se lle pode aplicar o memos raseiro ós cáterings que preparan as comidos dos comedores escolares. Como seguro que están xustos nos beneficios, poden recurrir ó mercado negro, mercar vacuno sen certificados ou vender, como na China, leite con melamina.

Vaites, Beiras. Defender o dereito dos supostamente mellores a saltarse a legalidade non é a mellor carta para querer ser presidente. Que terías feito se chegases a Monte Pío....?

por sorte, a Historia nos aforra a vergonha allea de averigualo

2 Laura

Certo é que que xulgar é competencia dos xuíces e non dos medios de comunicación ou dos cidadáns, que só podemos informar e opinar, menos mal! Mais non concordo niso de "se queremos cargarnos ao mellor do sector culinario galego" pois a pesares da súa fama, non é o mellor da cociña galega. Moitos outros cociñeiros e restauradores están a acadar cotas de profesionalización dignas de admirar e non están a recibir, nin para ben nin para mal, o recoñecemento que obtivo Toñi Vicente - e non me refiro só a premior ou galardóns -. Comer en Composte, a e céntrome na cidade na que resido é complicado pola múltiple oferta - en tipos de cociña, en prezos, en ambientes e sobre todo en técnicas culinarias -. Eu pedería, que ademais de que sexan os xuíces quen a xulguen, os cidadáns e algúns medios deixemos de encumbrala. Que o crecemento desta cociñeira, ademais dos méritos proefsionais que non poño en dúbida, tivo moito que ver con ourto goberno que ensombreceu Galicia e a moitos cociñeiros/as.

1 dengue

Esperemos a ver que di a xustiza e non fagamos un xuizo mediático interesado.
Talvez levemos algunha sorpresa.
Condenar, condenar, só condenan os xuices, e para iso fan falta probas. O demáis son especulacións. Agora se queremos cargarnos ao mellor do sector culinario galego, ponto de referencia turístico, e de ingresos para moitas familias, adiante. Comámonos polos pes, que estamos moi ricos.