O 3D chega a Galicia

Unha tecnoloxía con futuro aterra en Galicia, aínda que tardará algún tempo en consolidarse. Trátase da tecnoloxía 3D...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/10/2008 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

None

Nunha semana sairán 9 novos títulos en EE.UU e en España xa se pode ver en 3D a película "Viaxe ao centro da Terra". O salto á TV é cuestión de tempo. En EE.UU xa hai dous millóns de televisores compatibles co 3D. Aquí, esta tecnoloxía aínda está en cirolas. Por iso, os Museos Científicos Coruñeses, da mán de Xosé Antón Fraga, organizaron unha sesión cos blogueiros galegos, na que estivo GC, coa proxección da película "Dinosauros" e as explicacións de Enrique Criado, de Enxebre entertainment, a empresa que acondicionou a sala para a proxección de filmes en 3D. Máis información en capitulo0, apocalipsedoporco e codigocero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 onde vai

Eu entendo que o traballo 3d teña un esforzo engadido que merece o meu respeto os creadores, pero isto non e unha novidade, mais ben e algo obsoleto, e mais si se pretende usar o tipo de gafas que sae na foto do post. Si alguen quere ver 3d ben feito, que se acerque por futuroscope, en Francia. Ali foi o unico sitio no que puiden disfrutar dun filme 3d o que pouco se lle podia criticar, e isto foi fai mais de 10 anos.....

3 Blog de NeKRoMaNT » Dinosaurios 3D

[...] Galicia Confidencial [...]

2 Apocalipse do porco » dinosauros e blogueiros

[...] mais, supoño. chúzame - Escrito en A Coruña, Blogues, Ciencia, Cinema por ghanito | Ligazón permanente| [...]

1 Antón

Con futuro? Pero se cando estaba na EXB hai 20 anos xa andaban as gafas esas pululando por aí....