Como xa contamos aquí, o conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, segue dando exemplo á hora de aprender e falar galego, a diferencia doutros colegas do Consello da Xunta. O conselleiro, que está acudindo a clases de galego, tamén aproveita os seus tempos libres para ler libros nesta lingua. Segundo nos contan, estes días o viron lendo a obra Herba Moura de Teresa Moure, premio Xerais en 2005.