Nota.- CC.OO. tilda de "clientelar" a selección do persoal do Consorcio Galego de Benestar

CC.OO. volve denunciar a existencia de "chiringuitos clientelares" no proceso selectivo do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e critica á CIG por apoialo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 07/01/2009 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

CCOO responsabiliza da aprobación e publicación destas bases, a actitude intransixente dos representantes do Consorcio e o colaboracionismo do seu brazo sindical, que impuxeron, na mesa de negociación, unhas bases que carecen das mínimas garantías de obxectividade e transparencia a mais de que non contan coa participación dos representantes dos traballadores/as nas comisións de selección.

Este proceso selectivo, QUE NON CONTOU CO APOIO DE CCOO, nace xa viciado en orixe e crea un clima laboral negativo nos centros de traballo para os mais de 300 traballadores/as actualmente contratados que ven perigar a súa continuidade na empresa por quedar, coa complicidade da CIG, a súa estabilidade laboral supeditada á aplicación de criterios subxectivos e ós caprichos que decidan impoñer os dirixentes do consorcio na resolución deste proceso selectivo.

CCOO na Mesa de Negociación, co obxecto de favorecer que este proceso selectivo fose o mais favorable para a maioría (a poder ser para a totalidade) dos traballadores/as, plantexou que si querían contar co seu apoio, deberían recollerse nun acordo as seguintes condicións mínimas:

Que as bases do proceso selectivo, recollesen garantías de transparencia e obxectividade (exames tipo test, nota de corte, concreción dos temarios, etc.).

Que nas comisións de valoración dos distintos procesos houbese representación sindical plural (mínimo dous representantes sindicais).

Que a OPE-2008, na primeira fase, recollese só a relación de prazas correspondentes ós contratos realizados no 2007.

Que no acordo se relacionase a totalidade das prazas restantes a incluír nunha segunda fase, aplicándolle os mesmos criterios de transparencia, obxectividade e participación sindical, que os procesos selectivos da primeira fase.

Lamentablemente ningunha destas condicións foron aceptadas, preferindo os representantes do Consorcio, co apoio da CIG, seguir adiante con un proceso de selección, enganoso, fraudulento e sen participación sindical plural, pondo en risco a consolidación de emprego do persoal actualmente contratado.

Con esta decisión quedou constatado, unha vez mais, que o BNG, onde goberna, prefire os "chiringuitos clientelares" e a exclusión das opcións sindicais "molestas", en vez de construír acordos, desde o respecto á pluralidade sindical, que garantan a estabilidade laboral dos traballadores/as actualmente contratados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

26 bieito

nada novo baixo o ceo...ugt, cig. ccoo, csif, psoe, bng, pp...cada quen o séu...ou non? lembrádevos...que hay de lo mío! :-)

25 o_carallo_vintenove

cancelas, ignoro cómo son na tvg. serán como ti dis. na xunta desde logo que non. nin antes nin agora. polo tanto parabéns aos de ccoo por denunciar as "castrilladas" esas do consorcio.

24 anónimo

neste país, os únicos que non falan, son os que non teñen nada que dicir ...

23 o falar ten cancelas

Clientelares sí que son os que dirixen CC OO na TVG. Que pregunten por aí cómo as gastan algún membros con cargo que van acusando ás altas instancias das cousas que fan os traballadores. Qué xente!!!!
Jai se se puidera falar

22 tinto

Carallo! CCOO e La Voz. Non será sobredose?