Boicoz, unha campaña contra La Voz

Nas redes sociais circula xa un manifesto que anima aos usuarios a non mercar nin difundir por internet o xornal La Voz de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/02/2009 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

None

A sua linha editorial não tem mais valor do que uma cotização bolsista, variando em função dos interesses do governo ou da mão que melhor a alimente. Nos inícios da maré preta do Prestige somou-se à cidadania para a denúncia da ineptidão da Junta do PP. Porém, não tardou em loar o Plan Galicia e a estratégia do poder quando isso se traduziu em suculentos ingressos via publicidade institucional (da Junta do PP), como lamentou no seu dia o que era na altura um dos responsáveis pola edição digital.

Uma edição digital que se beneficiou muito para medrar em visitas (e, pois, em ingressos publicitários) mercê às ligações em inúmeros blogues… e redes sociais, sobretudo Chuza! (que já vai polo seu terceiro ano triunfal).

Quem vos escreve é capaz de esquecer muitas cousas, mas dificilmente pode obviar a manipulação informativa e o acoso e derrubamento contra as Conselharias chefiadas polo BNG, em particular desde que Indústria (chefiada polo BNG) não deu ao Grupo Voz o naco que queriam da torta eólica. E tampouco posso esquecer com facilidade o claro alinhamento de La Voz com os grupos tangallegos, chegando mesmo a difundir informações falsas.

Pois bem, eu, na medida do possível, procurarei em adiante não ligar nada de La Voz, nem tampouco dar-lhe publicidade através de redes sociais. No referente ao caso concreto de Chuza!, tampouco vou enviar informações de lavoz.es, e mesmo votarei negativo quanta notícia se enviar desse web a partir deste mesmo instante. A imagem desta simbólica campanha chega do blogue ANGUEIRA DE SUSO. Máis aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

68 Cachuzo

Non concordo. O mellor boicot á manipulación é denunciala, non acochala. O desprestixio da Voz acelerouse desde que calquera pode ver na Internet como é terxiversada ou ocultada a información nese panfleto.

67 Poruguesa

Pareceme ben esta campaña contra a Coz , POR SECTARIOS E trileros da palabra , faltan tamén neste Boicot , certos ex- sindicalistas da CIG-Autonómica e militantes do BNG , que forón os autenticos filtradores e franco tiradores da COZ, ABC e do PP ,falo desos ex- que non tiverón premio co cambio do Goberno Bipartito e dende primeiro momento estiverón a facer cvampaña a prol do PP , sería pola nostalxia que sentia do recorta e pega, " PANDILLA DE PEPEROS DISFRAZADOS DE NACIONALISTAS, ainda teñen collons para ir as asamblesa do BNG, si os correran a ostias.

66 Miguel Roig

Pareceme ben esta campaña contra La voz de Galicia, que da vergoña que se chame así.Non se pode permitir a difamación e manipulación informativa. O problema e que esta campaña na rúa non existe, non se ve mais que en internet.Debería estar Galiza chea de pintadas.

65 Unhafrustradadobipartito

Se lembrades, hai só un ano o PP de Rajoy fixo con Prisa o mesmo que o BNG de Quintana está a facer coa Voz (respondido, só faltaría, pola propia Voz. Pedir obxectividade no panorama mediático de hoxe é utópico pero coido que é imprescindible pedirlle ós nosos políticos un pouco máis de cintura pra acepta-las críticas e pedir disculpas. Os xornais están pra denunciar, sobre todo, a quen goberna. Como nacionalistas e defensores das liberdades sociais, estes fillos do BNG de antaño o certo é que o fixeron BEN MAL. Igual lles viña ben revisar as teses que xente coma Beiras defenderon tantas veces en voz alta, cando loitaban contra os mangoneos dos gobernos Fraga. Estes non fixeron máis que copiar o peor do PP. Qué frustración!!