Reflexións sobre o papel dos medios

Anxo Quintana acabou, finalmente, atacando públicamente á La Voz de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 27/02/2009 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

Hai días que o vicepresidente da Xunta ven denunciando a campaña que este medio ten contra el e contra o nacionalismo e acusa ao seu editor e dirección de aliarse co PP para tentar que o bipartito non volva gobernar en Galicia. Precisamente, Quintana utilizou un convenio asiando por Feijóo con La Voz na campaña das pasadas autonómicas, para amosar a relación que existe entre os populares e este medio.

Nunha campaña sen precedentes pola implicación de determinados medios de comunicación (non só La Voz de Galicia), Quintana mesmo chegou a afirmar, en privado e ante xornalistas, que a partir do vindeiro 1 de marzo "vaiselle acabar o choio" a La Voz. Unhas declaracións que amosan a postura irreconciliable do líder nacionalista con este medio de comunicación logo das informacións publicadas sobre el, e que non son propias dun dirixente político en campaña electoral.

O nacionalista quere (sempre e cando se reedite o pacto co PSOE) regular as subvencións aos medios de comunicación, un feito que levan reclamando dende hai anos o Sindicato de Xornalistas de Galicia e o Colexio de Xornalistas, sen que ata o momento, PSdeG e Bloque teñan feito nada durante os catro anos de goberno.

En todo caso, a regulación de subvencións debe de ser para todos os medios (prensa, radio, televisión e internet), con todas as consecuencias e sen prevendas políticas ou electorais porque, en campaña electoral, son moitos os medios que toman partido por uns ou por outros sempre que haxa un aval económico polo medio. Agardemos que, a partir da vindeira lexislatura, todos os partidos se poñan dacordo, por unha vez, para evitar espectáculos que, en nada axudan, a normalizar a vida política.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

45 anónimo

tranquilitossss

44 saleta

Con sinceridade.Os do BNg sodes máis parvos do que eu cría.¿Así que a Voz vendeuse o PP?.A cambio de que? Duns hipotéticos favores supeditados aunha máis que hipotética mioría absoluta.e non sería máis lóxco que se vendera ó PSOE que si lle pode dar prebendas tanto en Galicia como en Madrid.Toda a manobra da Voz e obra do gran muñidor mediático Pepiño Blanco a quen lle dan sarpullidos só de pensar que o BNG saque un deputado máis mentre eles quedan estancados,Razoade un pouco se é que o voso sectarismo vos deixa.Vichedes na Voz algún ataque ó PSOE, Algúnha alabanza o PP?NON,verdade?.Buscade a quen benefian máis os ataques o BNG dando por feito que se reptira´o bipartito o famoso Qui Prodest.Sentidiño

43 pasabaporaqui

So hai unha maneira de acabar co golpismo da extrema dereita mediatica e política do país. Nunca mais Baltar, Feijoo, Jimenez Losantos, Rosa Diez e Fernandez La Torre. Adiante co BNG

42 Feijoo el cobarde

mágoa de non teren convocado as eleccións en novembro. Agora non andariamos con estas. Logo das eleccións gustaríame ver a La Voz correr a mesma sorte que Urdaci. ¡¡¡Touriño, córtalle o grifo a ese malnacido dunha vez!!!

41 anónimo

Xa ata vos aliades coa dereita de AUGUSTO CÉSAR LENDUERO, un gran galeguista. Todo vos serve, porque cada vez vos parecedes máis, BNG e PP.