O voto urbano, decisivo na victoria do PP

Co 50% do voto escrutado, o PP gaña as eleccións con 39 deputados. O voto urbano está sendo decisivo xa que o PP experimenta unha suba de cinco puntos con respecto ao 2005, mentras que PSdeG e BNG baixan, especialmente, os nacionalistas.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 01/03/2009 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

35 rastroj@

Eu son unha desas persoas ,como ben dí Melloría Pouca que botei branco.Antes botaba BNG,é certo tamén que sin seguridade total no que facía.Mais pensaba que había que darlles un voto de confianza.Agora estou máis por estar cos de Galiza non se Vende,ou con calqueira grupo político de persoas que queiran loitar pola mellora do noso país dende outra perspectiva que nos sexa dende o poder actual.
Recoñezamolo,o BNG,en vigo ,fixo as cousas de pena.
Aínda sinto vergoña allea ao pensalo.
As loitas vergonzosas e internas que aconteceron no SLG ,todas,teño claro,que por acadar o poder caia quen caia e barrendo o que faga falta e todo o que non cheire a UPG.
En fin podería enumerar moitas razóns para argumentar o meu voto branco,mais o que tentei dicir con él ,foi que non teño partido político que sinta que me represente.
Sei que moitos dos meus amigos e amigas tamén o fixeron e tamén eran votantes do BNG no pasado.
En fin,dende a óptica da cidadanía,penso que queremos
ver un BNG realmente comprometido coa xente,e non vendido ao poder.Máis para iso fai falla unha profunda reflexión e compromiso ,e moito ,moito traballo de base,que penso que cada vez vémolo menos.
E vergoñento que gañase de novo o PP ,mais penso que con isto o BNG,terá que facer maiota reflexión,e pensar que hai que currar polo povo,e non para profesionalizar á súa xente en política,para reproducir roles políticos que non nos gusta ver á xente que votamos,máis observamos con moita precisión as artimañas políticas e as loitas rastreras por acadar o poder caia quen caia.
Camilo Nogueira é un cambia chaqueteiro que non faría que voltase votar BNG.Nin eu nin moita xente que coñezo que votamos BNG,en ocasións.
Terán que facer política coherente,sinceira e responsable,e realmente comprometida co país si non non creo que acaden de novo a confianza po povo.
SInceramente no vexo ,quen poderá sustituir a Quin,mais ao mellor apostaría por algunha das mulleres que levan miles de anos traballando no partido e únicamente valen para pechar as listas cremalleiras.E desde logo,gustaríame que non fose da UPG.
Tamén me fai desmotivarme,ó ver moitas opinións neste foro e noutros do estilo de persoas que pensan que saben moito e únicamente dan a imaxe de maleducados e maleducadas que se escudan no anonimato,si esa é a xente do BNG;conmigo que non conten NUNCA MAIS¡¡¡¡¡

34 anónimo

a responsabilidade única de que o pp abtivera maioría absoluta, está no debe do conxunto do bloque nacionalista galego e, en particular, na alianza quintana-upg.

os militantes de base do bng, teñen a obriga de renovar o partido e centralo remudando a toda esa tropa que reacciona ante a derrota insultando e descalificando a toda a sociedade galega. soio así poderán volver a ter algún día posibilidade de compartir governo.

claro que seguramente no psdg quedoulles ben aprendida a lección e interiorizarán que, con socios así, mellor é estar exercendo de oposición responsable e constructiva.

no bloque, DEMISIÓNS ¡¡¡en bloque!!!

33 anónimo

Son así, os demócratas-burócratas do BNG, un postiño no "aparato munxidor" e os demáis non os entendemos, somos imbéciles e escuros. Vaia tropa, sacan o antifaz e deseguida topas co seu auténtico pensamento Pol potiano.

32 Turistapaseandonoiate

Quevosfodanatodos: tes toda a razón. O único listo es ti!
Como puidemos estar tan cegos e non nos dar de conta antes!!

31 anonimo

jajaja e vosotros sois galegos?tedes que aceptar o resultado fascistas bloqueiros,veña a mamarla ¡¡¡¡¡¡