Se houbese vontade dos tres partidos a cuestión da língua sería un melón sano e sen abrir, tan de perogrullo é a afirmación...
Pero non a hai, e hóuboa no 2004 e agora non. E quen se saiu, pois foi o PP, porque Feijoo agora non firma o plan de normalización do 2004, pois se membros da cúpula do PP atenden os postulados de GB é obvio que este PP , o de agora, nen firma o plan do 2004, nen firma a lei de normalización linguística, nen firma o estatuto de autonomía de Galicia, porque está en contra da oficialidade do galego en Galicia.
É así de sinxelo Emilio, houbo un paso atrás, e o paso atrás foi do PP, e douno por presións de quen manda, e quen manda é a dirección do partido a nivel madrileño.
Máis se Feijoo pasase de Madrid, e lle dixese catro verdades ós de GB coma que os radicais son eles e que o galego é oficial en Galicia para todos e para todo non ía ter unha férrea oposición que lle reprochase as incongruencias, nen os cambios; antes ben aplaudirían a súa decisión polo ben do galego , polo ben do pais, e o tema do galego estaría fóra do debate político de onde nunca debeu entrar.